Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2023
Axudas ao alumnado de FP
Resoltas as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Convenios de colaboración
Publica o DOG a relación cos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022 pola Consellaría de Educación.
Proba de galego no concurso de méritos
A Consellaría anuncia que a proba de lingua galega dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización terá lugar o día 28 de febreiro de 2023, ás 18.00 horas, no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo 5, Santiago de Compostela).
Integración dos PTFP en PES
Publicada a orde pola que se realiza unha nova convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
Proxectos de innovación en FP
Convoca a Consellaría premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Instrucións sobre validación de materias
Publica a Consellaría unhas instrucións para a actualización das medidas de ordenación académica para a validación de materias do alumnado que cursa as ensinanzas de 1º curso de Bacharelato e as ensinanzas profesionais de Música e de Danza.
Programa EduTecEmprende 2022-2023
Anúnciase a convocatoria da selección de centros que participarán no programa EduTecEmprende durante o curso 2022/2023.
Concurso sobre o 8 de marzo
Convoca a Consellaría o VI Concurso para o deseño do cartaz do día 8 de marzo, Día internacional da muller.
Interinidades en varias especialidades
Publicada a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de EOI e do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Resolución definitiva de listaxe de interinidades
Publicada a relación definitiva de profesorado para cubrir interinidades ou substitucións nas especialidades de PES de informática, organización e proxectos de sistemas enerxéticos, procesos e produtos de téxtil, confección e pel, sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos, así como nas de PTFP de equipos electrónicos, instalacións electrotécnicas e sistemas e aplicacións informáticas.
Apertura de listas de interinidades
A Consellaría anuncia a apertura dun prazo para que o profesorado que reúna os requisitos se apunte en listaxes para cubrir interinidades ou substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Programa Eduemprende
Publicada a convocatoria para a selección de centros que participarán no programa Atrévete durante o curso 2022/2023.
Concurso extraordinario de estabilización
Publica a Consellaría na súa páxina web a listaxe provisional de profesorado admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.
Confección de nóminas
Publicada no DOG a orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2023.
Concertos cos centros educativos
No DOG publícase a orde coas normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2023/24 e seguintes.
Interinidades en primaria e infantil
Publica a Consellaría as listaxes provisionais das interinidades e substitucións co profesordo admitido e excluído das especialidades de Educación primaria e Educación infantil do corpo de mestres.
Aclaracións sobre a fin de curso 2022-2023
Publica a Consellaría na súa páxina web unhas aclaracións relativas á organización do final de curso 2022-2023 nas etapas de ESO e Bacharelato.
Premios Innovagal
Na web da Consellaría anúnciase a resolución dos premios educativos Innovagal para os centros docentes durante o curso escolar 2022/23.
Listaxes de substitucións
Publicadas as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres nas especialidades de inglés, francés, educación física, música, PT e AL.
Novo nome para o CEIP Eugenio López (Cee)
Publicada no DOG a nova denominación do CEIP Eugenio López (Cee), que a partir de agora pasa a chamarse CEIP Vila de Cee.
Cambia o nome do CEIP da Igrexa (Cee)
O CEIP da Igrexa (Cee) pasa a chamarse CEIP de Brens.
Admisión de alumnado
Anúnciase o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes que abranguerá desde o 16 de xaneiro até o 6 de febreiro.
Alerta laranxa
A Consellaría informa de que, debido ás condicións metereolóxicas adversas, adoptaranse diversas medidas encamiñadas á restrición do transporte escolar durante o martes 17 de xaneiro.
Vacantes provisionais do CXT
Publica a Consellaría na súa páxina web a relación de vacantes provisionais para ser cubertas no concurso de traslados do presente curso 2022-2023..
Programa EduReferentes
Na web da Consellaría publícase a convocatoria do programa educativo “EduReferentes” para o curso 2022/23.
Iniciación segura á pegada dixital
Publicada a convocatoria do programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos para o curso 2022/23.
Estadías formativas en empresas
Publicada na web da Consellaría a avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 para o profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Proxectos de innovación en dinamización lingüística
Anúnciase a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para o curso académico 2022/2023.
Nomeamento e selección das direccións
No DOG publícase o Decreto polo que se regula a selección, nomeamento e cesamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos.
Listaxes de interinidades
Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de persoas admitidas e excluidas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de secundaria e de formación profesional.
Titulacións para acceso a listaxes de substitucións
Publicada unha orde con novas titulacións que se incorporan ás que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións.
Acceso a ciclos formativos
Publicadas no DOG as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo e a súa convocatoria para o ano 2023
Calendario escolar para o curso 22/23
Publicada no DOG a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23.
Acordo de profesorado interino
Publica o DOG unha nova disposición transitoria ao Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto.