Calendario
Eventos do día 26 de Xaneiro de 2023
Integración dos PTFP en PES
Publicada a orde pola que se realiza unha nova convocatoria do procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
Proxectos de innovación en FP
Convoca a Consellaría premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Instrucións sobre validación de materias
Publica a Consellaría unhas instrucións para a actualización das medidas de ordenación académica para a validación de materias do alumnado que cursa as ensinanzas de 1º curso de Bacharelato e as ensinanzas profesionais de Música e de Danza.
Programa EduTecEmprende 2022-2023
Anúnciase a convocatoria da selección de centros que participarán no programa EduTecEmprende durante o curso 2022/2023.