Calendario
Eventos do día 20 de Xaneiro de 2023
Concurso extraordinario de estabilización
Publica a Consellaría na súa páxina web a listaxe provisional de profesorado admitido e excluído dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización.
Confección de nóminas
Publicada no DOG a orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2023.
Concertos cos centros educativos
No DOG publícase a orde coas normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2023/24 e seguintes.
Interinidades en primaria e infantil
Publica a Consellaría as listaxes provisionais das interinidades e substitucións co profesordo admitido e excluído das especialidades de Educación primaria e Educación infantil do corpo de mestres.