Calendario

Decembro 2022

Outros Venres, 30 Decembro2022
Cinema na aula

Na web da Consellaría a  listaxe definitiva de centros seleccionados para participar de forma experimental no programa Cinema na aula durante o curso 2022/23.

Outros Venres, 30 Decembro2022
Clubes de lectura

Anuncia a Consellaría a través da súa páxina web a resolución definitiva de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura para o curso 2022/2023.

DOG Mércores, 28 Decembro2022
Premios Innovaugas 2022

Publicadas as bases e a convocatoria dos premios Innovaugas 2022 para os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2022/23.

Outros Mércores, 28 Decembro2022
Proxectos de formación para profesorado de FP

Publícanse os proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022-2023.

Outros Mércores, 28 Decembro2022
Voluntariado na biblioteca escolar

Resolta definitivamente a convocatoria de centros que se adhiren ás accións de voluntariado na biblioteca escolar (secundaria e outras ensinanzas) e de voluntariado de lectura (primaria) , destinada a alumnado de 5º e 6º de primaria.

DOG Martes, 27 Decembro2022
Proxectos de fomento do uso do galego

Anunciada no DOG a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública para o curso 2022-2023.

Outros Luns, 26 Decembro2022
Biblioteca creativa

Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva coa relación dos 25 centros que se integran no programa Biblioteca Creativa no presente curso 2022/23.

DOG Xoves, 22 Decembro2022
Concurso oposición do 2023

Publicada no DOG a orde coa convocatoria de procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de EOIs, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres.

Outros Xoves, 22 Decembro2022
Programa de formación Observa_Acción

Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva dos centros admitidos para participar no programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observarción e o intercambio entre iguais' para os cursos 2022/2023 e 2023/2024.

Outros Mércores, 21 Decembro2022
Finanzas para mortais

Convocado o programa Eduemprende de 'Finanzas para mortais' dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

DOG Martes, 20 Decembro2022
Premios na ESO ao esforzo e á superación

Publica o DOG a  concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22.

Outros Martes, 20 Decembro2022
Boas prácticas en educación inclusiva

Publica a Consellaría a resolución definitiva cos centros premiados co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022.

Outros Martes, 20 Decembro2022
Iniciativas de voluntariado

Fai pública a Consellaría a relación de centros que se adhiren á acción de Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria) e de Voluntariado de lectura (primaria) para o curso 2022/2023.

 

Outros Martes, 20 Decembro2022
Programas Eduemprende

Na web da Consellaría aparece a resolución coa selección de centros que participarán nos programas Grand Prix Financeiro, Implantación de ferramentas de medios de pagamento na FP, La loca aventura del ahorro, Preparados para o salto e Seguramente, durante o curso 2022/2023.

Outros Xoves, 15 Decembro2022
Interinidades nalgunhas especialidades de mestres

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excuídas para a cobertura de interinidades e substitucións en inglés, francés, educación física, música, PT e AL do corpo de mestres.

Outros Xoves, 15 Decembro2022
Cinema na aula

Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de centros admitidos e excluídos para participar de forma experimental no programa Cinema na aula durante o curso 2022/23.

Outros Xoves, 15 Decembro2022
EduEmprende Actúa 2022-2023

Anúnciase a convocatoria da selección de centros que participarán no programa Actúa durante o curso 2022/2023.

DOG Mércores, 14 Decembro2022
Axudas a centros privados

A Consellaría publica as axudas destinadas a centros privados concertados para participar no Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, para o curso 2022/23.

Outros Martes, 13 Decembro2022
Programa Observa_Acción

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación provisional de centros admitidos e excluídos do programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais ' para os cursos 2022/2023 e 2023/2024. 

Outros Luns, 12 Decembro2022
Proxectos de formación do profesorado de FP

Na web da Consellaría a resolución provisional dos proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022/2023.

Outros Venres, 9 Decembro2022
Programa Lectura e familias

Publicada a resolución provisional na páxina web da Consellaría do programa "Lectura e familias" no presente curso 2022/23.

DOG Luns, 5 Decembro2022
Centro de innovación educativa e dixital

Publica o DOG o Decreto polo que se crea o Centro de Innovación Educativa e Dixital.

DOG Venres, 2 Decembro2022
Concurso de orientación

Publica o DOG a nova orde da convocatoria do concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación.

DOG Venres, 2 Decembro2022
Concurso de traslados

Publicada no DOG a resolución coa composición da comisión avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Outros Xoves, 1 Decembro2022
Bibliotecas escolares solidarias

Anunciada na web da Consellaría a convocatoria para o curso 2022/2023 do programa denominado Bibliotecas Escolares Solidarias.

< Decembro 2022 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario