Calendario

Eventos do mes Novembro de 2022

Outros 30/11/2022
Interinidades en varias especialidades

Anúnciase a apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións en informática, organización e proxectos de sistemas enerxéticos, procesos e produtos de téxtil, confeccion e pel, sistemas electrónicos, sistemas electrotécnicos e automáticos, equipos electrónicos, instalacións electrotécnicas e sistemas e aplicacións informáticas.

Outros 30/11/2022
Interinidades en EOI e CMUS

Anunciada a apertura de listaxe para cubrir interinidades e substitucións en árabe, italiano, xaponés, acordeón, arpa, clave, contrabaixo, frauta de bico, instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco, viola da gamba, danza clásica, danza contemporánea e caracterización e indumentaria.

Outros 30/11/2022
Radio na Biblio

A Consellaría anuncia na súa web a resolución definitiva do programa Radio na Biblio para o curso 2022/2023.

Outros 29/11/2022
Modificación no concurso de orientación

Publica a Consellaría unha modificación da orde pola que se convoca concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación e que amplía o prazo de participación até o 21 de decembro.

Outros 29/11/2022
DELF escolar

Información publicada pola Consellaría na súa páxina web sobre a obtención do título de francés a través do programa DELF escolar.

Outros 28/11/2022
Interinidades en PES, EOI e artes plásticas e deseño

Publica a Consellaría na súa web as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 no corpo de profesorado de ensino secundario, profesorado de EOIs e de artes plásticas e deseño.

Outros 25/11/2022
Curtas Nós tamén creamos!

Publicada a convocatoria dos premios a curtas de animación en galego do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2022/2023.

DOG 24/11/2022
Implantación das modalidades do bacharelato

No DOG publícase a autorización da implantación das modalidades de bacharelato no ensino público. 

DOG 23/11/2022
Retribución extraordinaria

Publicada no DOG a Lei que recolle a retribución de carácter extraordinario para os empregados do sector público autonómico.

DOG 23/11/2022
Premios extraordinarios de FP

Publicada no DOG a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2020/21.

DOG 23/11/2022
Confección de nóminas

Publica o DOG a orde pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022.

Outros 22/11/2022
Clubes de lectura

Publicada a resolución provisional dos Clubes de lectura para o curso 2022/2023.

Outros 22/11/2022
Programa Biblioteca creativa

Publicada a resolución provisional do programa Biblioteca creativa 2022/23 na páxina web da Consellaría.

DOG 21/11/2022
Concurso de orientación

Publicada no DOG a orde pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos CEIPs.

Outros 21/11/2022
Programa EduExchanges

Publicada a resolución definitiva dos centros seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2022/2023.

DOG 18/11/2022
Plan Xeral da inspección educativa

Publicada no DOG a resolucíón co Plan xeral da inspección educativa para o curso 2022/23.

Outros 18/11/2022
Inmersión en inglés

Anúnciase na páxina web da Consellaría a resolución definitiva de centros que participarán no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, para o alumnado de 6º de primaria e de ESO durante o curso 2022/2023.

Outros 17/11/2022
Programa Galimiens

Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de centros que van participar no programa Galimiens de intercambio de alumnado.

Outros 17/11/2022
Concurso de traballos por proxectos

Publicada a resolución do VIII Concurso de traballos por proxectos.

Outros 17/11/2022
Programa Cinema na aula

Publicada a convocatoria no programa Cinema na Aula durante o curso 2022/2023.

DOG 15/11/2022
Modificación do catálogo de primaria

Publicada no DOG unha corrección de erros sobre as unidades e os postos de traballo docentes de dous centros de primaria (CEIP Raíña Fabiola e CEIP Paradai).

Outros 15/11/2022
Axudas de acreditación lingüística

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023.

DOG 14/11/2022
Corrección de erros no concurso de estabilización

Publica o DOG unha corrección de erros no concurso de méritos de estabilización.

Outros 10/11/2022
Radio na Biblio

Publicada a resolución provisional do programa Radio na Biblio para o curso 2022/2023.

DOG 09/11/2022
Integración do profesorado de PTFP en PES

Publicada no DOG a orde pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesorado de ensino secundario.

BOE 09/11/2022
Prazas docentes e asesorías técnicas no exterior

Prazo de participación: 15 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do BOE (do 10 ao 30 de novembro).

DOG 08/11/2022
Admisión de alumnado

Publicada a orde que regula o procedemento de admisión de alumnado nos centros públicos.

Outros 08/11/2022
Formación permanente do profesorado

Publicada a resolución provisional dos plans de formación permanente do profesorado para o curso 2022/2023.

DOG 07/11/2022
Premios na ESO ao rendemento académico

Publicada a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22.

Outros 07/11/2022
Plan Proxecta+

Publicada na páxina web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos no Plan Proxecta+  durante o curso 2022/23.

Outros 03/11/2022
Premios á excelencia musical

Publicada a adxudicación dos Premios á excelencia musical Mans Futuro 2022.

Outros 03/11/2022
Contratos programa Innova

Na web da Consellaría a resolución definitiva coa relación de centros seleccionados e excluídos na participación nos contratos-programa CPInnova 2022/23.

Outros 02/11/2022
Biblioteca creativa

Convocatoria do proxecto Biblioteca creativa para os CEIPs integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2022/2023.

Outros 02/11/2022
Premios Innovogal 2022/2023

Publicada a listaxe de centros admitidos e excluídos pola que se convocan os premios educativos Innovagal para o curso escolar 2022/23.

< Novembro 2022 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario