Calendario
Eventos do día 20 de Decembro de 2022
Premios na ESO ao esforzo e á superación
Publica o DOG a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22.
Boas prácticas en educación inclusiva
Publica a Consellaría a resolución definitiva cos centros premiados co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2022.
Iniciativas de voluntariado
Fai pública a Consellaría a relación de centros que se adhiren á acción de Voluntariado na biblioteca escolar (secundaria) e de Voluntariado de lectura (primaria) para o curso 2022/2023.
Programas Eduemprende
Na web da Consellaría aparece a resolución coa selección de centros que participarán nos programas Grand Prix Financeiro, Implantación de ferramentas de medios de pagamento na FP, La loca aventura del ahorro, Preparados para o salto e Seguramente, durante o curso 2022/2023.