Calendario
Eventos do día 16 de Xuño de 2023
Contratos programa CP Inclúe
Publicada a resolución pola que se regulan os Contratos - Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa.
Manual para elaborar programacións
Publica a Consellaría un manual de axuda para a elaboración de programacións didácticas de educación infantil, educación primaria, ESO e bacharelato.
Centros non admitidos en Pluribach
A listaxe definitiva de centros non admitidos para a incorporación ao programa PluriBach para o curso 2023-2024 está na web da Consellaría.
Centros con Plurinfantil
Anunciada a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos no programa Plurinfantil para o curso 2023-2024.
Centros plurilingües
Publicada na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos e excluídos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.
Centros no programa LÓVA
Publicada a relación de centros seleccionados para participar no programa LÓVA para o curso 2023/2024.
Concurso de méritos extraordinario
A web da Consellaría publica unha modificaciónn a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso nos corpos docentes.