Calendario
Eventos do día 12 de Xullo de 2023
Permutas para profesorado con destino definitivo
Anuncia a Consellaría que o prazo para que as persoas que non están obrigadas a participar no CADP do curso académico 2023/24 poderán solicitar intercambio provisional de prazas entre o 15 de xullo e o 31 de xullo.
Especialidades en PES dos antigos PTFP
Resolución na que se recoñece, de oficio, ao persoal funcionario de carreira do corpo para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, integrado no corpo de profesores de ensino secundario, a titularidade neste corpo, da especialidade ou especialidades das que era titular no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
Fase A para cubrir postos nos CFR, CAFI...
Na web da Consellaría publícase a relación de puntuacións definitivas da Fase A do concurso público de méritos para a dirección dos CFRs e asesorías do CAFI e dos CFRs.
Fase B para os postos nos CFR, CAFI...
Publicados os chamamentos para realización da fase B ás persoas candidatas seleccionadas na fase A do concurso para cubrir postos de dirección dos CFRs e asesorías do CAFI e dos CFRs.