Calendario
Eventos do día 26 de Xullo de 2023
Concurso nas EOE
Publica a Consellaría na súa páxina web a relación definitiva do concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específico.
Prazas sometidas a convenio
Publicada a relación provisional de admitidos e excluídos, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional do concurso específico de méritos para prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellaría.
Aulas de emprendemento na FP
Na web da Consellaría pode consultarse a relación de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2023.
Adxudicación provisional do CADP
Publicada na web da Consellaría a adxudicación provisional do CADP para o curso 2023-2024.