Calendario
Eventos do día 22 de Agosto de 2023
Prórroga de seccións bilingües - Ensinanzas artísticas
RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, de prórroga de seccións bilingües en determinados centros de ensinanzas artísticas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Relación complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso excepcional
ORDE do 7 de agosto de 2023 pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas que superaron os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (Diario Oficial de Galicia número 206, do 28 de outubro; corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro).
Adxudicación definitiva CADP
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2023/24 entre o persoal docente dos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo (código de procedemento ED002B).