Calendario
Eventos do día 03 de Agosto de 2023
Currículo de Secundaria - Modificación
DECRETO 117/2023, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Currículo de Bacharelato - Modificación
DECRETO 118/2023, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Axudas para a edición de recursos didácticos en galego
RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de abril de 2023.
Integración PTFP - Recoñecemento de especialidades
RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se recoñece a titularidade de especialidades integradas no corpo de profesores de ensino secundario e no corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional ao persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que se integra no corpo de profesores de ensino secundario e ao profesorado que estaba en situación de excedencia nese corpo.