Calendario
Eventos do día 17 de Outubro de 2023
Postos de traballo en varios centros de ensino
Publica o DOG a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación.
Interinidades en francés
Anuncia a Consellaría a apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de francés do corpo de mestres.
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal
Na web da Consellaría as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído dos premios na ESO ao esforzo e á superación persoal.
Interinidades en relixión evanxélica
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión evanxélica.
Programa Picasso Mob
Na web da Consellaría a resolución definitiva do programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2023/2024.
Mestrado do profesorado de secundaria
Publicada a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2023/24.
Programa educativo Talentos
Convocada a IV edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos no curso 2023-2024.