Calendario

Eventos do día 05 de Outubro de 2023

Outros 05/10/2023
Interinidades en profesorado especialista

Anuncia a Consellaría a próxima apertura de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.

Outros 05/10/2023
Interinidades en secundaria

Publica a Consellaría a apertura dun procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario.

Outros 05/10/2023
Interinidades en relixión evanxélica

Na web da Consellaría aparece a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de relixión evanxélica.

Outros 05/10/2023
Titorías do prácticum de PTFP

Publicada a listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2023/24.

Outros 05/10/2023
Titorías do prácticum do mestrado de secundaria, etc...

Na web da Consellaría publícase a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do mestrado en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2023/24.

Outros 05/10/2023
Interinidades en música e artes plásticas

Anúnciase a apertura das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, do corpo de profesores de música e artes escénicas e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

< Outubro 2023 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario