Calendario
Eventos do día 26 de Outubro de 2023
Novos centros plurilingües
Publicada no DOG a orde pola que se autorizan novos centros plurilingües para o curso 2023/24.
Novas seccións bilingües
Resolución no DOG coa autorización de novas seccións bilingües para o curso 2023/24.
Programa Plurinfantil
Resolución coa autorización de centros educativos para impartiren o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2023/24.
Probas para a obtención dos CELGAs
Fixadas as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4.
Interinidades en varias especialidades
Publica a web da Consellaría a relación provisional provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas e do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Programa Observa-Acción
Publica a Consellaría un documento informativo dos acordos de colaboración coas Comunidades Autónomas para a fase 3 (a interautonómica) do programa 'Observa-Acción'.
Programa EduReferentes
Convocado o programa educativo “EduReferentes” para o curso 2023/24.
Biblioteca Creativa
Publicada a resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Biblioteca Creativa 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Radio na biblio
Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros seleccionados para o programa Radio na Biblio 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.