Calendario
Eventos do mes Novembro de 2021
Interinidades en chinés e portugués
Publica a Consellaría na súa web a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de chinés e de portugués de EOIs.
Baremo definitivo de cátedras
Publica na súa web a Consellaría as puntuacións definitivas do baremo do procedemento de acceso ao corpo de cátedras de ensino secundario, artes plásticas e deseño e escolas oficiais de idiomas.
Asesorías técnicas no exterior
Publicada a convocatoria de concurso para a provisión de postos de asesores técnicos e asesoras técnicas no exterior.
Persoal docente no exterior
Convocatoria no BOE do concurso para a provisión de postos de personal docente no exterior.
Interinidades no corpo de música e artes escénicas
A web da Consellaría publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco e de frauta de bico e no corpo catedráticos de música e de artes escénicas, especialidade de guitarra.
Programa Eduemprende
Informa a Consellaría da selección de centros para participar en varios programas enmarcados dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia Eduemprende e desenvoltos en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social.
Formación para profesorado de FP
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2021-2022.
Interinidades en PT
Publica a Consellaría na súa web a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo das listas de interinidades e substitucións en pedagoxía terapéutica.
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal
Publica o DOG a concesión dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21.
Programa Lectura e familias
Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa Lectura e familias para o curso 2021/2022.
Delf escolar
Publicada na web da Consellaría a información sobre a convocatoria do DELF escolar para o curso 2021/2022.
Interinidades en chinés e portugués
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional coas persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de chinés e de portugués do corpo de profesorado de EOIs.
Axudas a centros privados
Publica a Consellaría na súa páxina web a resolución provisional das solicitudes de axudas a centros privados concertados para a atención a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Interinidades en italiano
Publica a Consellaría na súa web a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións na especialidade de italiano de EOI.
Plans de formación do profesorado
Na web da Consellaría publícase a resolución provisional dos plans de formación permanente do profesorado que se van implantar no curso 2021/22.
Clubes de lectura
A Consellaría publica na súa web a resolución Provisional coa relación de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura para o curso 2021/22.
Vacantes provisionais para o CXT
Publica a Consellaría a relación de vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no CXT de catedráticos e profesores de ensino secundario, EOIs, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, PTFP, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores.
Real Decreto da avaliación e promoción no ensino obrigatorio
Publicado no BOE o Real Decreto polo que se regulan a avaliación e a promoción no Ensino Primario, así como a avaliación, a promoción e a titulación no Ensino Secundario Obrigatorio, o Bacharelato e a Formación Profesional.
Bibliotecas escolares solidarias
A Consellaría anuncia a convocatoria o programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2021/2022.
Concurso Eduemprende
Resolución do concurso Eduemprende Idea 2021 para o alumnado de FP, ensinanzas deportivas ou de artes plásticas.
Concurso de orientación
Convocado concurso de traslados para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIPs, CEPs e CEEs.
Interinidades en guitarra
Publica a Consellaría na súa web a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade guitarra no corpo catedráticos de música e de artes escénicas.
Programa Biblioteca creativa
Na web da Consellaría publícase a selección de 25 centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa no curso 2021/22 así como as asignacións que reciben os centros de continuidade.
Programa EduTecEmprende 2021-2022
Ábrese o prazo de participación no programa EduTecEmprende 2021-2022 dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO, de bacharelato e de formación profesional.
Máscaras para o alumnado
No DOG publícase unha orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de primaria, ESO e educación especial no curso 2021/22.
Probas de nivel lingüístico para o alumnado
Publicada a concesión da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.
Plan Proxecta+
Publícase na web da Consellaría a listaxe definitiva dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta+ durante o curso 2021/22.
Interinidades en frauta de bico
Na web da Consellaría a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en frauta de bico no corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en PT
A Consellaría na súa web publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en pedagoxía terapéutica do corpo de mestres.
Subvencións directas a centros privados
Publica o DOG a orde pola que se conceden subvencións directas a centros docentes privados concertados para afrontar gastos de organización e funcionamento no curso 2021/22 derivados da COVID-19.
Novo centro privado en Santiago
Publica o DOG a autorización de apertura e o funcionamento do CPR Fundación Laboral de la Construcción, de Santiago de Compostela.
Interinidades en italiano
Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en italiano da EOI.
Titorías no prácticum do profesorado de FP
A web da Consellaría publica a listaxe definitiva de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2021/22.
Rede galega de educación dixital
Publicada a resolución definitiva dos centros admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación dixital para o curso 2021-2022.
Estadías formativas en empresas
Na web da Consellaría a a avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2021 para o profesorado vinculado ás ensinanzas de FP inicial e das artes plásticas e o deseño.
Programa eduEmprende Actúa
A Consellaría anuncia na súa páxina web a apertura da convocatoria para participar no programa eduEmprende Actúa 2021-2022.
Interinidades en corda pulsada
Publicada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco no corpo de profesores de música e artes escénicas.
Premios Boas Prácticas de educación inclusiva
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional dos premios Boas Prácticas de educación inclusiva 2021.
Intercambios escolares EduExchanges
Publicada a resolución definitiva dos centros seleccionados para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2021/2022.
Interinidades en PT
Publicada na web a listaxe definitiva de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres, especialidade de pedagoxía terapéutica.
Concurso de traslados
Publicada no DOG a orde pola que se convoca o concurso de traslados.
Premios na ESO ao rendedemento académico
Publica o DOG a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21.
Rede de centros plurilingües
A Consellaría publica na súa web a listaxe provisional de centros admitidos na convocatoria de xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2021-2022.
Programa Atrévete 2021-2022
Publicada na web da Consellaría a convocatoria do programa Atrévete 2021-2022 dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.
Concurso de cátedras
Publicadas as puntuacións provisionais do baremo das subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4. do concurso de cátedras.
Axudas a centros privados
Publica a web da Consellaría a relación de centros seleccionados coas axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2021/2022.
Interinidades en italiano
Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para italiano nas EOIs.
Interinidades en chinés e portugués
Anuncia a Consellaría a apertura das listas de interinidades e substitucións de chinés e de portugués do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en varias especialidades de secundaria
Ábrense listaxes para cubrir interinidades e substitucións en construcións civís e edificacións, procesos e produtos en artes gráficas, sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos do corpo de profesores de ensino secundario.
Titorías do prácticum do mestrado de profesorado
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de titorías do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2021/22.
Radio na biblio
Publicada na web da Consellaría a relación de centros que se integran no programa Radio na Biblio no presente curso 2021/22, así como a relación de centros de continuidade.
Centros e postos de especial dificultade
Estabelecidos os centros e postos cualificados de especial dificultade na Comunidade Autónoma de Galicia nunha Orde do DOG.