Calendario
Eventos do día 09 de Novembro de 2021
Premios Boas Prácticas de educación inclusiva
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional dos premios Boas Prácticas de educación inclusiva 2021.
Intercambios escolares EduExchanges
Publicada a resolución definitiva dos centros seleccionados para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2021/2022.
Interinidades en PT
Publicada na web a listaxe definitiva de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres, especialidade de pedagoxía terapéutica.