Calendario
Eventos do mes Decembro de 2021
Clubes de lectura
Publica a Consellaría na súa páxina web a relación definitiva de centros que reciben asignación para o funcionamento do club de lectura para o curso 2021/2022.
Formación para o profesorado de FP
Publica a Consellaría na súa web a resolución definitiva de proxectos de formación profesional que se van a implantar no curso 2021-2022.
Probas de nivel lingüístico para o alumnado
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos nas probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos pertencentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2021-2022.
Programa EduTecEmprende
Anunciada a convocatoria da selección de centros para participar no programa EduTecEmprende do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, durante o curso 2021/22.
Interinidades en construcións civís
Publicada a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en construcións civís e edificacións (secundaria)
Interinidades en música e en artes plásticas
A Consellaría publica as listaxes definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de profesores de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño.
Voluntariado de lectura-A e de Biblioteca escolar
Publicadas as relacións de centros de primaria adheridos ao programa de Voluntariado de lectura-A e de centros de secundaria que participarán no programa de Voluntariado na Biblioteca Escolar.
Comisión avaliadora do CXT
Publica a Consellaría a composición da comisión avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.
Programa Eduemprende Actúa
Publicada na web da Consellaría a selección de centros para participar no programa Actúa do Plan Eduemprende durante o curso 2021/22.
Programa Eduemprende de finanzas
A Consellaría anuncia a convocatoria do programa Eduemprende 'Finanzas para mortais 2021-2022' dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos de FP.
Concurso de Traballo por proxectos
Publicada na páxina web da Consellaría a relación de centros que resultan galardoados no VII Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar durante o curso 2020/2021.
Programa Eduemprende Atrévete
Resolución definitiva na web da Consellaría cos centros seleccionados do programa Atrévete do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia durante o curso 2021-2022.
Unidades habilitadas en CEIPs e CEEs
A Consellaría publica na súa páxina web a relación de unidades de educación infantil, educación primaria e educación especial habilitadas para o curso 2021/2022.
Premios Boas prácticas en educación inclusiva
Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva de centros agasallados co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021.
Interinidades en emerxencias e protección civil
Na web da Consellaría a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Emerxencias e Protección Civil.
Plans de formación do profesorado de FP
Publicada na web da Consellaría a resolución dos plans de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2021/22.
Comisión avaliadora do CXT
Publicada na web da Consellaría a composición da comisión avaliadora do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.
Unidades e postos de traballo docentes
Publica o DOG unha corrección de erros na orde que recolle as modificación das unidades e dos postos de traballo docentes dos centros públicos pola que se transforman IES en CIFP e se trasladan ensinanzas.
Admisión a cátedras
Publica a Consellaría as listaxes definitivas de profesorado admitido e excluído do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.