Calendario
Eventos do mes Xaneiro de 2022
Formación en linguas para alumnado
Publicadas no DOG as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 destinadas ao alumnado.
Convocatoria das oposicións
Publicada hoxe no DOG a orde pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos corpos de inspección, secundaria, EOI, artes plásticas e mestres.
Nova orde de avaliación
Anuncia a Consellaría a próxima publicación no DOG da actualización da normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, ESO e bacharelato.
Oferta de emprego público no DOG
Publica o DOG o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes para o ano 2022.
Interinidades en infantil
Publicada a listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas do corpo de mestres especialidade infantil.
Convocatoria de prazas PIALE
Anuncia a Consellaría a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa (programa PIALE) para o ano 2022.
Aclaracións sobre o protocolo COVID
A Consellaría publica na súa web unha guía explicativa coas preguntas frecuentes sobre a aplicación do protocolo COVID nos centros de ensino.
Concurso de curtas Senda litoral
A Consellaría publica as bases e convoca a segunda edición do concurso de curtas Senda Litoral de Galicia.
Protocolo cos test de antíxenos en primaria
Publica a Consellaría o protocolo para a detección de infección polo SARS-CoV-2 con test rápido de antíxenos en saliva en centros de educación primaria.
Máis axudas a centros privados
No DOG a resolución das axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2021/22.
Programa Eduemprende de finanzas
Publicada na web da Consellaría a relación de centros seleccionados para participar no programa Finanzas para mortais do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, durante o curso 2021/22.
Interinidades en varias especialidades do corpo de mestres
Publicada a listaxe provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres nas especialidades de inglés, francés, educación física, música e AL.
Axudas a centros privados
A Consellaría resolve as axudas dirixidas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2021/22.
Curtas en galego Nós tamén creamos!
Publícase a convocatoria dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2021/2022.
Innovación educativa en dinamización lingüística
A Consellaría anuncia a convocatoria dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2021/2022.
Programa 'EduReferentes'
Na web da Consellaría publícase a convocatoria do programa educativo “EduReferentes” para o curso 2021-2022.
Probas de acceso a ciclos formativos
Publicada no DOG a orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e se convocan para o ano 2022.
Interinidades en varias especialidades
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en procesos e produtos en artes gráficas, sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos do corpo de secundaria.
Premios Innovagal
Publicada a relación de centros e docentes que recibiron os premios educativos Innovagal durante o curso escolar 2021/22.
Cobertura de persoal docente
A Consellaría pon a disiposición dos centros a declaración responsable normalizada (dentro do protocolo COVID) para os efectos de que os centros educativos públicos poidan solicitar a tramitación da cobertura para substituír ao persoal docente e non docente.
Proxectos de innovación en FP
Convoca a Consellaría premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Admisión de alumnado
Anuncia a Consellaría o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Axudas ao alumnado de FP
Publicada a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Probas de nivel lingüístico para o alumnado
Publica a Consellaría a concesión da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.