Calendario
Eventos do mes Febreiro de 2022
Novas aprobadas na oposición
Publica o DOG unha modificación da orde pola que se fai pública a relación de profesorado que superou o último concurso-oposición onde se inclúen dúas novas persoas aprobadas.
Admisión de alumnado
Publicado o resultado do sorteo público anual das letras da prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.
Avaliación en bacharelato
Publicada no DOG a resolución pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/22, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/23.
Cátedras no DOG
Publicada no DOG a orde pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Puntuacións da resolución das cátedras
A Consellaría fai pública a relación das puntuacións tidas en conta para a resolución definitiva das cátedras desagregadas por apartados, epígrafes e subepígrafes, por corpos, quendas e especialidades.
Proxectos de innovación en FP
Na web da Consellaría a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Titulacións para as listaxes de substitucións
A Consellaría publica unha orde onde actualiza cales son as titulacións válidas para a incorporación á listaxe para cubrir interinidades e substitucións da especialidade de física e química (secundaria).
Programa educativo Navega con Rumbo
Convocado o programa educativo Navega con Rumbo dirixido a centros educativos para o curso 2021-2022.
Interinidades en educación primaria
Publicada a listaxe provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidade Educación primaria.
Interinidades en varias especialidades
Publicada a resolución provisional coa listaxe de persoas admitidas e excluídas para cubrir interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de secundaria e de PTFP.
Resolución provisional do CXT
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados do profesorado dos corpos de secundaria, mestres, PT, EOI, música e artes escénicas, mestres de taller, inspectores...
Concurso de orientación
Na web da Consellaría a resolución provisional do concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación en CEIPs, CEPs e CEEs.
Admisión de alumnado
A Consellaría anuncia que o próximo 23 de febreiro será o sorteo público da letra de prioridade para resolver empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022/2023.
Cursos CELGA
Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Concurso sobre Florencio Delgado Gurriarán
Publicada a resolución do concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022.
Admisión de alumnado
Publicado o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato.
Orde de avaliación
No DOG a orde pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Interinidades en Lingua e literatura galegas
Publica a Consellaría a reslación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de lingua e literatura galega do corpo de profesores de ensino secundario.
Atención á diversidade
Publicada unha corrección de erros no Decreto 229/2011 de atención á diversidade do alumnado.
Acceso a cátedras
Publicada a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en educación infantil
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidade Educación Infantil.
Interinidades en varias especialidades de mestres
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidades Inglés, Francés, Educación Física, Música e Audición e Linguaxe.
Interinidades en especialidades de secundaria
Publica a Consellaría a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en procesos e produtos en artes gráficas, sistemas electrónicos e sistemas electrotécnicos e automáticos do corpo de secundaria.
Interinidades en historia da música
Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes de interinidades e substitucións na especialidade de historia da música do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en especialidades de Arte dramática
A Consellaría anuncia que van abrir listaxes para cubrir interinidades e substitucións en dirección escénica, espazo escénico, expresión corporal, iluminación, interpretación, técnicas escénicas, teoría e historia da arte e teoría teatral en Arte Dramática (corpo de PES).
Interinidades en secundaria e FP
Apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións en lingua e literatura galega, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, procesos e produtos en madeira e moble (PES) e en equipos electrónicos, instalacións electrotécnicas, sistemas e aplicacións informáticas e soldadura (FP).
Programa EduReferentes
Publicada na web a resolución pola que se fai pública a listaxe de centros admitidos para participar no programa educativo EduReferentes.
Real decreto de Educación infantil
Publica o BOE o Real Decreto polo que estabelece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación infantil.