Calendario
Eventos do día 03 de Febreiro de 2022
Interinidades en historia da música
Anuncia a Consellaría a apertura de listaxes de interinidades e substitucións na especialidade de historia da música do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en especialidades de Arte dramática
A Consellaría anuncia que van abrir listaxes para cubrir interinidades e substitucións en dirección escénica, espazo escénico, expresión corporal, iluminación, interpretación, técnicas escénicas, teoría e historia da arte e teoría teatral en Arte Dramática (corpo de PES).
Interinidades en secundaria e FP
Apertura de listaxes para cubrir interinidades e substitucións en lingua e literatura galega, informática, organización e proxectos de fabricación mecánica, procesos e produtos en madeira e moble (PES) e en equipos electrónicos, instalacións electrotécnicas, sistemas e aplicacións informáticas e soldadura (FP).
Programa EduReferentes
Publicada na web a resolución pola que se fai pública a listaxe de centros admitidos para participar no programa educativo EduReferentes.