Calendario
Eventos do día 10 de Febreiro de 2022
Interinidades en Lingua e literatura galegas
Publica a Consellaría a reslación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de lingua e literatura galega do corpo de profesores de ensino secundario.
Atención á diversidade
Publicada unha corrección de erros no Decreto 229/2011 de atención á diversidade do alumnado.
Acceso a cátedras
Publicada a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Interinidades en educación infantil
Publicada na web da Consellaría a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidade Educación Infantil.
Interinidades en varias especialidades de mestres
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións do corpo de mestres, especialidades Inglés, Francés, Educación Física, Música e Audición e Linguaxe.