Calendario
Eventos do día 22 de Febreiro de 2022
Avaliación en bacharelato
Publicada no DOG a resolución pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2021/22, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2022/23.
Cátedras no DOG
Publicada no DOG a orde pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.
Puntuacións da resolución das cátedras
A Consellaría fai pública a relación das puntuacións tidas en conta para a resolución definitiva das cátedras desagregadas por apartados, epígrafes e subepígrafes, por corpos, quendas e especialidades.
Proxectos de innovación en FP
Na web da Consellaría a listaxe de proxectos de innovación presentados á convocatoria da dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.