Calendario

Eventos do mes Marzo de 2022

DOG 30/03/2022
Corrección de erros no catálogo de primaria

Publicada unha corrección de erros referida ao catálogo de postos de traballo do corpo de mestres.

Outros 30/03/2022
Admisión nas oposicións

Publica a Consellaría na súa páxina web as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso á función docente no ano 2022.

BOE 30/03/2022
Real Decreto da ESO

Publicado no BOE o Real Decreto polo que se estabelece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obrigatoria.

Outros 29/03/2022
Concurso de orientación en primaria

Publicada na web a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos CEIPs e CEEs.

Outros 28/03/2022
Interinidades en orientación de primaria

Publicada na web da Consellaría a listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas correspondentes a orientación do corpo de mestres.

DOG 25/03/2022
Corrección de erros na convocatoria de oposicións

Publicada no DOG unha corrección de erros relativa á convocatoria das oposicións do 2022.

Outros 23/03/2022
Interinidades en historia da música

Publica a Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións de historia da música do corpo de profesores de música e artes escénicas.

Outros 23/03/2022
Interinidades en arte dramática

Na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de Arte Dramática do corpo de profesores de música e artes escénicas.

Outros 22/03/2022
Campionato de formación profesional Spainskills 2022

Galiza presentará  29 competidores/as que participarán no campionato de Formación Profesional Spainskills 2022 organizado polo Ministerio de Educación entre o 23 e o 25 de marzo.

Outros 22/03/2022
Proba externa do Bachibac

Avisa a Consellaría da convocatoria do programa de dobre titulación de Bacharelato e de Baccalauréat para o curso académico 2021/2022 .

Outros 22/03/2022
Interinidades en primaria

Na web da Consellaría a relación definitiva da listaxe de interinidades e substitucións e a relación definitiva de persoas excluídas no corpo de mestres, especialidade primaria.

DOG 18/03/2022
Cursos CELGA

Convocada a Secretaría xeral de política lingüística probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022.

Outros 18/03/2022
Uso de máscaras no patio

Publican as Consellarías de Sanidade e de Educación un comunicado conxunto sobre a recomendación do uso das máscaras nos patios dos centros educativos.

Outros 17/03/2022
Programa Aulas de emprendemento

Na web da Consellaría a convocatoria do programa Aulas de emprendemento na FP en centros públicos que impartan ciclos medios e superiores durante o ano 2022.

Outros 14/03/2022
Estadías formativas en empresas

Publicada na web da Consellaría a convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Outros 11/03/2022
Conta de email da Consellaría

A Consellaría solicita a todas as persoas usuarias dunha conta do dominio edu.xunta.gal que se non actualizaron o seu contrasinal desde o 24 de febreiro deberán facerlo antes do vindeiro xoves 17 de marzo.

Outros 10/03/2022
Axuda humanitaria a Ucraína

Comunicado conxunto da Xunta e diversas organizacións sobre a canalización da axuda humanitaria dirixida á axudar á poboación ucraína.

Outros 09/03/2022
Premios de innovación en formación profesional

Na web da Consellaría a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluídos para os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.

Outros 09/03/2022
Circular aclaratoria da orde de avaliación

Publica a Consellaría unha circular pola que se precisan aspectos da Orde  pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda.

DOG 08/03/2022
Proxecto E-Dixgal

Publicada no DOG a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2022/23.

Outros 08/03/2022
Interinidades en varias especialidades de secundaria e FP

Publica a Consellaría a relación definitiva de das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo de profesores técnicos de formación profesional. 

Outros 08/03/2022
Programa educativo Navega con rumbo

Publicada a relación de centros admitidos para participar no programa educativo Navega con Rumbo no curso 2021-2022.

Outros 08/03/2022
Interinidades en orientación de primaria

A Consellaría publica na súa páxina web a relación provisional de interinidades e substitucións e de persoas excluídas en orientación do corpo de mestres.

Outros 04/03/2022
Xestión dos contactos estreitos COVID

Publican conxuntamente a Consellaría de Educación e máis a de Sanidade unha comunicación sobre a xestión de contactos estreitos COVID no ámbito educativo.

Outros 03/03/2022
Bibliotecas escolares solidarias

Anuncia a Consellaría a ampliación da convocatoria do programa Bibliotecas escolares solidarias para o curso 2021/2022.

Outros 02/03/2022
Concurso de Podcasts

A Consellaría anuncia a convocatoria do IV Concurso de podcasts Radio na Biblio.

BOE 02/03/2022
Ensinanzas mínimas en educación primaria

Publicado no BOE o Real decreto que estabelece a ordenación e as ensinanzas mínimas en educación primaria.

< Marzo 2022 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario