Calendario
Eventos do mes Abril de 2022
Fondo de acción social
Publicados no DOG os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2021 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.
Proxectos de innovación
Resoltos os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
Estadías formativas en empresas
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 destinadas ao profesorado de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Avaliación da ABAU
No DOG o nomeamento dos membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia así como os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias.
Programa Polos educativos
A Consellaría crea o programa de innovación educativa Polos creativos e estabelece o procedemento para a participación dos centros.
Sorteo dos tribunais das oposicións
Publicado o resultado do sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán o concurso oposición de 2022.
Programa Lanzadeiras
Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa Lanzadeiras dentro do Plan Eduemprende do Sistema Educativo de Galicia.
Premios extraodinarios de FP
Na web da Consellaría a relación provisional de alumnado admitido e excluído dos premios extraodinarios de FP de grao superior do curso 2020-2021.
Proxecto E-dixgal
Publicada a relación provisional de centros admitidos para participar no E-Dixgal durante o curso 2022/23.
Premios extraordinarios de Bacharelato
Convocatoria no DOG dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22.
Interinidades en árabe
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións de árabe do corpo de profesores de EOIs.
Premio dos Clubes de lectura
Comunica a Consellaría que o premio 2022 dos Clubes de Lectura dos centros de ensino é para Antía Yáñez.
Acceso ás ensinanzas deportivas
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música
Publicadas as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2022/23.
Ensinanzas artísticas superiores de deseño
No DOG as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2022/23.
Ensinanzas de Conservación e restauración de bens culturais
Publicadas as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2022/23.
Ensinanzas artísticas de Arte dramático
No DOG publicadas as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática para o curso 2022/23.
Corrección de erros nas cátedras
Publica o DOG unha pequena corrección de erros na relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario.
Máscaras nos centros de ensino
A Consellaría publica unhas directrices para orientar sobre o uso das máscaras nos centros de ensino.
Comisións de conciliación
Anúnciase que o prazo para solicitar unha comisión de servizos por conciliación da vida laboral e familiar é do 19 de abril de 2022 ao 2 de maio de 2022, ambos incluídos.
Comisión de saúde
Comeza o 19 de abril o único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde e será até o 2 de maio de 2022, ambos incluÍdos.
Currículo de Educación infantil
Publica a Consellaría na súa páxina web o anteproxecto de Decreto polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil.
Reclamacións á listaxe de admitidos nas oposicións
Anuncia a Consellaría que decaen no seu dereito de reclamación (por ter finalizado o prazo de presentación da mesma) as persoas que non presentaron reclamación á súa exclusión do procedemento de admisión ás oposicións do 2022.
Concurso xeral de traslados
Resolución definitiva publicada no DOG do Concurso xeral de traslados para o curso 2022-2023.
Elección de direccións
Publicada no DOG unha corrección de erros na orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Interinidades en árabe
Publicada na web da Consellaría a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe (EOI).
Tecnoloxía aplicada á FP
Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos do programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional.
Concurso Eduemprende Idea 2022
Convocado o Concurso Eduemprende Idea 2022 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
Traballo por proxectos
Anuncia a Consellaría na súa web a convocatoria do VIII Concurso de traballos por proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Nova unidade para un centro privado
A Consellaría autoriza ao centro privado Galaxia, de Ribeira, a aumentar unha unidade de educación especial.
Corrección de erros nas oposicións 2021
Publica a Consellaría unha corrección de erros na relación de persoal que superou as oposicións 2021 na especialidade de Máquinas, servizos e produción.
Concurso de orientación
No DOG publícase a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe/a do Departamento de Orientación.
Premios extraordinarios de FP
Designados os membros do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de FP de grao superior correspondentes ao curso 2020/21.
Real Decreto de Bacharelato
Publicado no BOE o Real Decreto polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do Bacharelato.
Interinidades en historia da música
Publicada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións na especialidade de historia da música do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en Arte dramática
Na web da Consellaría publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades, propias de Arte Dramática, do corpo de profesores de música e artes escénicas.
Interinidades en árabe
Anúnciase a próxima apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe do corpo de profesores de EOIs.
Autorización a un centro privado
A Consellaría prorroga a autorización temporal do centro privado estranxeiro Gándara International School, de Gondomar.
Novo ciclo na EFAG de Fonteboa
Modificada a autorización da Escola Familiar Agraria (EFAG) de Fonteboa (Coristanco) para impartir dous novos ciclos formativos.
Orde de direccións
Publica o DOG a orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
Novos centros plurilingües
Publicada a a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2022/23.
Plurinfantil para o curso 2022-2023
No DOG a resolución coa regulación do programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2022/23.
Bacharelato en especialización de idiomas
Resolución no DOG pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2022/23.
Lei Orgánica da FP
Publica o BOE a Lei Orgánica de ordenación e integración da Formación profesional.
Estratexia sobre o control da COVID19
Publican a Consellaría de Sanidade e máis a de Educación unha comunicación sobre a nova estratexia e control do SARS-CoV-2 na etapa de transición no ámbito educativo.
Vacantes definitivas para o CXT
A Consellaría publica na súa web as vacantes definitivas que serán adxudicadas no concurso xeral de traslados.
Resolución definitiva do CXT
Na páxina web da Consellaría publícase a resolución definitiva do concurso de traslados do curso 2021/2022.