Calendario
Eventos do mes Maio de 2022
OPE derivada da lei 20/2021
DECRETO 80/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Plan Mellora
ORDE do 11 de maio de 2022 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2022/23 (código de procedemento ED516A).
Premios extraordinarios ESO
ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311D).
Nova directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Decreto co nomeamento directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa a Judith Fernández Novoa.
Director xeral de FP
Decreto polo que se nomea director xeral de Formación Profesional a José Luis Mira Lema.
Eleccións direccións CIFP
ORDE do 13 de maio de 2022 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.
Eliminación de nome franquista nun CEIP
O CEIP Sanjurjo de Carricarte pasa a denominarse CEIP Torre de Hércules.
Campaña da CIG-Ensino para retirar os nomes franquistas dos centros educativos
Programa Educación responsable
Convocada a selección de centros para incorporarse ao programa "Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, para o curso 2022/23.
Concurso de curtas Senda litoral de Galiza
Publicada na páxina web da Consellaría a resolución pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia.
Edición en galego de recursos curriculares
Publicadas as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
Proxecto de decreto de primaria
Publicado na web da Consellaría o proxecto de Decreto do currículo de Educación primaria.
Solicitude de non participación no CADP
Desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos, estabelécese o prazo para solicitar a non participación no CADP do persoal interino e substituto para o curso 2022-2023.
Concurso de Podcasts Radio na biblio
Publicada a Resolución do IV Concurso de podcasts Radio na Biblio.
Concurso de atención preferente
Convocado o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Linguas estranxeiras para alumnado
Na web da Consellaría a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022.
Premios extraordinarios de bacharelato
Publicada a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2021/22 así como as instrucións para a súa realización.
Ciclos formativos plurilingües
Publicada a resolución pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües para o curso 2022/23.
Centros E-Dixgal
Publicada a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto E-Dixgal durante o curso 2022/23.
Linguas estranxeiras para o alumnado
Publicada a convocatoria para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, Cuale, para o curso 2022/23.
FPBásicaSkills Galicia 2022
Convocado o 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos.
Axudas a centros privados
Publicada a resolución provisional coas axudas para centros privados concertados para a contratación de axuliares de conversa en linguas estranxeiras.
Profesorado non exento das probas de galego ou castelán
Publicadas as listaxes de persoas non exentas da proba de galego e castelán nos procedementos selectivos para ingreso e acceso a corpos docentes de xuño do 2022.
Probas do CELGA
Publícanse no DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022.
Listaxe definitiva de admitidos nas oposicións
Publicadas as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso aos corpos docentes de xuño de 2022.
Novas seccións bilingües
No DOG a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros públicos para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio
Feitos públicos no DOG os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba substitutiva do requisito de titulación de ESO para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas artísticas superiores e ás ensinanzas deportivas de grao superior
Publicados no DOG os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2022/23.
Proba de galego e castelán nas oposicións
Na web da Consellaría a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nas oposicións de xuño de 2022.