Calendario
Eventos do día 02 de Maio de 2022
Novas seccións bilingües
No DOG a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros públicos para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio
Feitos públicos no DOG os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba substitutiva do requisito de titulación de ESO para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio para o curso 2022/23.
Acceso ás ensinanzas artísticas superiores e ás ensinanzas deportivas de grao superior
Publicados no DOG os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2022/23.
Proba de galego e castelán nas oposicións
Na web da Consellaría a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nas oposicións de xuño de 2022.