Calendario
Eventos do día 13 de Maio de 2022
Solicitude de non participación no CADP
Desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos, estabelécese o prazo para solicitar a non participación no CADP do persoal interino e substituto para o curso 2022-2023.
Concurso de Podcasts Radio na biblio
Publicada a Resolución do IV Concurso de podcasts Radio na Biblio.
Concurso de atención preferente
Convocado o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Linguas estranxeiras para alumnado
Na web da Consellaría a listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022.