Calendario
Eventos do día 11 de Xaneiro de 2022
Cobertura de persoal docente
A Consellaría pon a disiposición dos centros a declaración responsable normalizada (dentro do protocolo COVID) para os efectos de que os centros educativos públicos poidan solicitar a tramitación da cobertura para substituír ao persoal docente e non docente.
Proxectos de innovación en FP
Convoca a Consellaría premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional.
Admisión de alumnado
Anuncia a Consellaría o inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.