Calendario
15/12/2021
Probas de nivel lingüístico para o alumnado
Na web da Consellaría a listaxe definitiva de centros admitidos nas probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos pertencentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2021-2022.
Programa EduTecEmprende
Anunciada a convocatoria da selección de centros para participar no programa EduTecEmprende do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, durante o curso 2021/22.
Interinidades en construcións civís
Publicada a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en construcións civís e edificacións (secundaria)
Interinidades en música e en artes plásticas
A Consellaría publica as listaxes definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de profesores de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño.
Voluntariado de lectura-A e de Biblioteca escolar
Publicadas as relacións de centros de primaria adheridos ao programa de Voluntariado de lectura-A e de centros de secundaria que participarán no programa de Voluntariado na Biblioteca Escolar.