Calendario
03/12/2021
Premios Boas prácticas en educación inclusiva
Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva de centros agasallados co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021.
Interinidades en emerxencias e protección civil
Na web da Consellaría a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Emerxencias e Protección Civil.
Plans de formación do profesorado de FP
Publicada na web da Consellaría a resolución dos plans de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2021/22.