Calendario

12/11/2021

DOG Venres, 12 Novembro2021
Máscaras para o alumnado

No DOG publícase unha orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de primaria, ESO e educación especial no curso 2021/22.

DOG Venres, 12 Novembro2021
Probas de nivel lingüístico para o alumnado

Publicada a concesión da xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

DOG Venres, 12 Novembro2021
Interinidades en frauta de bico

Na web da Consellaría a resolución provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en frauta de bico no corpo de profesores de música e artes escénicas.

DOG Venres, 12 Novembro2021
Interinidades en PT

A Consellaría na súa web publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en pedagoxía terapéutica do corpo de mestres.

Outros Venres, 12 Novembro2021
Plan Proxecta+

Publícase na web da Consellaría a listaxe definitiva dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta+ durante o curso 2021/22.

< Novembro 2021 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario