Calendario
Eventos do mes Outubro de 2021
Creación do Consello galego de ensinanzas artísticas superiores
Publicado no DOG o decreto polo que se crea e se regula o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.
Listaxes de substitucións en secundaria
Aprobadas as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas no curso académico 2021-2022 no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de FP e profesores de EOIs.
Rede galega de educación dixital
Publica a Consellaría na súa web a resolución provisional dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.
Actualización de listaxes de interinidades e substitucións
Anúncianse na web da Consellaría as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas do corpo de profesores de música e artes escénicas e de artes plásticas e deseño.
Cursos CELGA
Fíxanse as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021.
Probas de nivel lingüístico para o alumnado
Na web da Consellaría publícanse as as listaxes definitivas de centros admitidos nas probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2021-2022.
Premios Innovagal
Na web da Consellaría a listaxe provisional de candidaturas aceptadas e excluídas dos Premios Innovagal 2021 para o profesorado e os centros docentes públicos.
Orde de atención á diversidade
Publicada no DOG a Orde pola que se regula a atención á diversidade do alumnado.
Axudas a centros privados
Na web da Consellaría publican as listaxes provisionais de centros admitidos na convocatoria de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que non curse os estudos dentro do programa da Rede de Centros Plurilingües para o curso 2021-2022.
Clube de ciencia
Publicada a resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” durante o curso 2021/22.
Apertura de listaxes en PT
Anuncia a Consellaría a apertura de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres/as.
Baremacións das publicacións nas cátedras
Publícanse na web da Consellaría os criterios de baremación aplicables as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4 do Anexo II do procedemento de acceso ao corpo de catedráticos.
Formación para o profesorado de FP
Publicada na web da Consellaría a convocatoria de proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2021-2022.
Exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán
Informa a Consellaría da convocatoria dun concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado en 2022 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.
Listaxes de substitucións en PT
Na web da Consellaría a resolución provisional da listaxe de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas no corpo de mestres, especialidade de pedagoxía terapéutica.
Interinidades en conservatorio
Abre a Consellaría o prazo para anotarse nas interinidades e substitucións do corpo catedráticos de música e de artes escénicas en guitarra e no corpo de profesores de música e artes escénicas en frauta de bico e en instrumentos de corda pulsada, do renacemento e do barroco.
Rede galega de acompañamento e orientación persoal e familiar
Publica a Consellaría na súa web a relación das unidades que integran a Rede galega de acompañamento e orientación persoal e familiar así como a relación de responsábeis.
Contratos-programa Inclúe
Publícase na web da Consellaría a resolución definitiva de Contratos-programa Inclúe.
Formación en centros de traballo
No DOG a orde coa resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.
Plan Proxecta+
Publica a Consellaría na súa web a resolución provisional cos centros seleccionados para participar no Plan Proxecta+ para o curso 2021/22.
Atención á diversidade
A web da Consellaría publica a Orde que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes.
Titorias do prácticum
Listaxe provisional na web da Consellaría de titores do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2021/22.
GaliciaSkills 2021
Publicados na web da Consellaría os resultados das competicións GaliciaSkills 2021.
Contratos-Programa Innova
Na web da Consellaría a resolución definitiva de centros con programas seleccionados cos Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa para o curso 2021/22.
Biblioteca creativa
Convoca a Consellaría de Educación o proxecto Biblioteca creativa para o curso 2021/2022.
Intercambios provisionais de postos de traballo
Publica a Consellaría na súa web a relación de intercambios provisionais de prazas de persoal docente para o curso 2021/2022.
Premios na ESO ao esforzo persoal
Na web da Consellaría as listaxes definitivas de alumnado da ESO admitido e excluído dos premios ao esforzo e á superación persoal do curso 2020/2021.
Adscrición de profesorado
Publica o DOG a orde co profesorado que obtivo destino definitivo logo do proceso de adscrición polo que se transforman IES en CIFP e se trasladan ensinanzas.
Probas de nivel lingüístico para o alumnado
Na web da Consellaría as instrucións para a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.
Contratos-programa Inclúe
Publicada na web da Consellaría a resolución provisional dos Contratos-programa Inclúe.
Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP
Publicada a resolución pola que se crea a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP e se ditan instrucións para o seu funcionamento.
Formación en empresas
Publicadas no DOG as instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de FP, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.
Listaxe de interinidades e substitucións
Publica a Consellaría na súa web o aviso de que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións así como a relación provisional de persoas excluídas referente ao curso académico 2021-2022.
Novo nome para o CRA de Coristanco
Anuncia o DOG que o CRA de Coristanco-Santa Comba (A Coruña) pasará a chamarse CRA A Tarandeira.
Novo ciclo para un centro privado
Publicada no DOG a nova autorización para que o CPR Big Formación de San Cibrao das Viñas (Ourense) imparta un novo ciclo superior.
Digicraft no teu cole
Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Digicraft no teu cole.
Protocolo de adaptación ao contexto COVID
Publica a Consellaría na súa web unha nova versión do Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-CoV-2 (Covid-19) no ámbito educativo non universitario.
Novos centros plurilingües
Publicada no DOG a orde pola que se autorizan novos centros plurilingües para o curso 2021/22.
Bacharelato de especialización de idiomas
Autorizados novos centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2021/22.
Plurilingüismo en infantil
Publicada no DOG a resolución pola que se autorizan centros educativos para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (plurinfantil) para o curso 2021/22.
Novas seccións bilingües
Faise pública a autorización de novas seccións bilingües para o curso 2021/22.
Titorías do prácticum do Mestrado de profesorado de FP
Publicada a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2021/22.
Programa EduExchanges
Na web da Consellaría a resolución provisional dos centros seleccionados para participar no programa Intercambios Escolares EduExchanges de intercambio en liña de alumnado con centros educativos estranxeiros durante o curso 2021/2022.
Contratos-Programa Innova
Publicada a resolución provisional na web da Consellaría pola que se fai pública a relación de centros e modalidades seleccionadas dos Contratos-Programa Innova (CPInnova) para o curso 2021/22.
Contratos-programa Recupéra-T
Na web da Consellaría publícase a resolución definitiva dos Contratos-programa Recupéra-T.