Calendario

Eventos do mes Setembro de 2021

DOG 30/09/2021
Fondo de acción social

Publicadas no DOG as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2020, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

DOG 30/09/2021
Fondo de acción social

Anuncia o DOG a  exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2020, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

DOG 29/09/2021
Elección dos membros do Consello escolar

Publica o DOG o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares.

Outros 29/09/2021
Probas de nivel lingüístico do alumnado

Na web da Consellaría publicadas as listaxes provisionais de centros admitidos na convocatoria de xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos non pertencentes á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2021-2022.

Outros 29/09/2021
Proxecto Digicraft no teu cole

Na web da Consellaría a resolución provisional de centros admitidos e pendentes de documentación para participar no proxecto Digicraft no teu cole.

Outros 28/09/2021
Clube de ciencia

Na web da Consellaría a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Club de Ciencia" durante o curso 2021/22.

DOG 27/09/2021
Plan xeral da Inspección educativa

Publicado no DOG o Plan xeral da Inspección Educativa do curso 2021/22.

DOG 24/09/2021
Nomeamento de profesorado en prácticas de secundaria

Publicada a orde co nomeamento como profesorado en prácticas daqueles que aprobaron as últimas oposicións. 

Outros 22/09/2021
Plan de mellora de bibliotecas escolares

Publicada unha corrección de erros na convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2021/22.

Outros 22/09/2021
Rede galega de Educación dixital

Anúnciase a ampliación do prazo para solicitar a participación no proxecto de Rede galega de Educación dixital durante o curso 2021-2022.

Outros 21/09/2021
Recoñecemento médico

Comeza o prazo do 22 de setembro para solicitar cita na campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos.

Outros 17/09/2021
Plan Proxecta+

Comunica a Consellaría que amplía o o prazo para solicitar a participación e a presentación de proxectos do Plan Proxecta+ 2021/22 até o venres 24 de setembro de 2021.

Outros 17/09/2021
Rede de acompañamento e orientación persoal e familiar

Publica a Consellaría a ampliación do prazo para participar na Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL) ata o venres 24 de setembro de 2021.

Outros 17/09/2021
Contratos programa Recupéra-T

Publica a Consellaría a resolución provisional dos Contratos-Programa Recupéra-T na súa páxina web. 

Outros 16/09/2021
Presentación de méritos para cátedras

Publicadas na web as instrucións de presentación da documentación xustificativa dos méritos das subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4  xa alegados polas persoas interesadas no prazo de presentación de solicitudes deste procedemento.

Outros 16/09/2021
6º Campeonato galego de Formación profesional

Publicadas na web da Consellaría as sedes e as datas de celebración das 24 modalidades do 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2021.

Outros 15/09/2021
Plan director de convivencia

Publicado na páxina web da Consellaría o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contorno para o curso 2021/2022.

DOG 14/09/2021
Axudas a centros privados concertados

Publicadas as axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que non curse os estudos dentro do programa da Rede de Centros Plurilingües no curso 2021/22.

DOG 14/09/2021
Premios na ESO ao esforzo e á superación persoal

No DOG publicada a composición da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21.

Outros 13/09/2021
Cursos CELGA

Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021.

Outros 10/09/2021
Instrucións para a organizacións dos centros durante a COVID

Na web da Consellaría a ditan instrucións para a adopción de medidas organizativas nos centros educativos como consecuencia da pandemia da COVID-19.

Cursos 09/09/2021
Mestrado de secundaria

Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas para o curso 2021/22.

Outros 09/09/2021
Licenzas por formación para o profesorado

Publicada a resolución definitiva coas licenzas por formación para o curso 2021/22 destinadas ao funcionariado docente non universitario.

Outros 09/09/2021
Resolución definitiva do CADP de secundaria

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal docente dos corpos de catedráticos, PES, FP, EOI,... para o curso académico 2021/22.

DOG 08/09/2021
Ciclos formativos plurilingües

Publicada no DOG a relación de centros autorizados para impartir ciclos formativos plurilingües, así como os ciclos formativos autorizados, no curso 2021/22.

DOG 08/09/2021
Inspectores en practicas

Publicado o nomeamento no DOG de persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de inspectores de educación.

Outros 08/09/2021
Bibliotecas escolares

Publicadas as instrucións en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares durante o curso 2021/2022.

Outros 08/09/2021
Rede galega de Educación dixital

Publicada a selección dos centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital para o curso 2021-2022.

Outros 08/09/2021
Plan dixital

Ditadas as instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes para o curso 2021-2022.

Outros 08/09/2021
Comisións de saúde por causa sobrevida

Publicado o listado de solicitudes procedentes e improcedentes da concesión das comisións de servizo por causas de saúde sobrevidas. 

Outros 08/09/2021
Ensinanzas de réxime especial

Na web da Consellaría as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de réxime especial no curso académico 2021/22.

Outros 03/09/2021
Clubes de lectura

Publicada a convocatoria dos clubs de lectura en centros públicos para o curso 2021/22.

DOG 03/09/2021
Premios extraordinarios de FP

No DOG a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2019/20,

DOG 01/09/2021
Funcionariado en prácticas do corpo de mestres

Aparece no DOG a orde pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres realizado no ano 2021.

DOG 01/09/2021
Tribunais do concurso de cátedras

Publicada no DOG a resolución nomea e se fai pública a composición dos tribunais encargados da selección das persoas aspirantes no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario.

DOG 01/09/2021
Axudas a centros privados para a biblioteca

Convocadas as axudas para centros privados concertados para as bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2021/22.

DOG 01/09/2021
STEMbach

Publicada a resolución definitiva resolve a relación de centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2021/22.

Outros 01/09/2021
Baremo provisional cátedras

Publicadas na web da Consellaría as puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

Outros 01/09/2021
Programa That's English

Publica a Consellaría a información sobre a organización dos niveis A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2021/22.

Outros 01/09/2021
Protocolo COVID para o curso 2021-2022

Publicado na web o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022.

< Setembro 2021 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario