Calendario

01/09/2021

DOG Mércores, 1 Setembro2021
Funcionariado en prácticas do corpo de mestres

Aparece no DOG a orde pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres realizado no ano 2021.

DOG Mércores, 1 Setembro2021
Tribunais do concurso de cátedras

Publicada no DOG a resolución nomea e se fai pública a composición dos tribunais encargados da selección das persoas aspirantes no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario.

DOG Mércores, 1 Setembro2021
Axudas a centros privados para a biblioteca

Convocadas as axudas para centros privados concertados para as bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2021/22.

DOG Mércores, 1 Setembro2021
STEMbach

Publicada a resolución definitiva resolve a relación de centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2021/22.

Outros Mércores, 1 Setembro2021
Baremo provisional cátedras

Publicadas na web da Consellaría as puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

Outros Mércores, 1 Setembro2021
Programa That's English

Publica a Consellaría a información sobre a organización dos niveis A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2021/22.

Outros Mércores, 1 Setembro2021
Protocolo COVID para o curso 2021-2022

Publicado na web o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022.

< Setembro 2021 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario