A CIG-Ensino lanza unha campaña polo mantemento da rede de centros e das tres modalidades de ensinanzas de persoas adultas

O sindicato pon en marcha unha recollida de sinaturas e promove acordos de claustro para garantir a continuidade das ensinanzas presenciais e semipresenciais e o mantemento de centos de postos docentes

Publicadas as puntuacións provisionais do concurso de méritos excepcional

O prazo de reclamacións será do 26 de abril ao 10 de maio

Tribunais do concurso oposición extraordinario

Resultado do sorteo das vogais e dos vogais dos tribunais que xulgarán o proceso

A CIG-Ensino encara as eleccións do vindeiro 9 de maio co obxectivo de seguir defendendo a universidade pública como sindicato maioritario

O sindicato nacionalista concorre a estas eleccións cunhas candidaturas abertas e plurais, con presenza nos 7 campus, conformadas por 81 persoas na Universidade da Coruña, 80 na de Santiago de Compostela e 68 na de Vigo.

Concurso Méritos Excepcional

Información da reunión técnica coa Consellaría previa á publicación da baremación provisional

A Xunta pretende limitar as ensinanzas de persoas adultas, que cursan actualmente 10.000 persoas, nunha Lei que está sendo tramitada sen contar co profesorado

O anteproxecto céntrase exclusivamente na ensinanza a distancia, dependente dun novo organismo (o IGALVA), e que sementa a incerteza sobre a rede actual de centros con formación presencial na que traballan máis de 300 docentes.

A CIG-Ensino chama a participar nas mobilizacións de Queremos Galego en distintas vilas e cidades galegas o 17 de maio

O sindicato, que forma parte desta plataforma, xunto con outras 500 entidades, considera que a situación de emerxencia lingüística é cada vez máis grave e que cómpren cambios urxentes no ensino.

Información sobre o concurso de méritos excepcional

Unha vez publicadas as listaxes definitivas de persoal admitido e excluído na participación no concurso de méritos excepcional, quedan pendentes os seguintes pasos deste proceso, que resumimos nesta información

A CIG-Ensino apoia un Plan específico para a escola rural na liña do presentado pola Confederación Anpas Galegas

Na súa presentación puxéronse de manifesto as diferenzas existentes que leva anos denunciado o sindicato galego en canto a servizos e prestacións entre os centros e o alumnado dos concellos rurais e urbanos

A Consellaría de Educación remitiu ao Consello Escolar de Galiza o Anteproxecto de Lei para a aprendizaxe ao longo da vida adulta

Este anteproxecto debe ser sometido a ditame do CEG e para tal fin abriuse un prazo para que as organizacións que formamos parte do Consello poidamos presentar emendas

Entra en vigor, parcialmente, a modificación das normas para as baixas médicas

A medida só afectará de momento a quen pertence ao réxime xeral da seguridade social e non sexa mutualista de MUFACE e obriga a seguir cos trámites a través de “datos persoais”

Aprobaches?

Quizais quixo dicir:

< Setembro 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          
Outros 1 Setembro 2025
Clubes de lectura

Convoca a Consellaría o programa de Clubes de lectura para este próximo curso 2025-2026.

Outros 1 Setembro 2025
Bibliotecas escolares

Publica a Consellaría as instrucions para o funcionamento das bibliotecas escolares para o curso 2025-2026.

Outros 29 Agosto 2025
Plan anual de formación

Publica a Consellaría o Plan anual de Formación do profesorado para o curso 2025-26.

DOG 28 Agosto 2025
Formación permanente do profesorado

Publica o DOG o decreto polo que se regula a formación permanente do profesorado.

Outros 26 Agosto 2025
Licenzas por formación

A Consellaría publica a resolución coa proposta de adxudicación das licenzas por formación non retribuídas.

DOG 25 Agosto 2025
Nomeamento de profesorado en prácticas

Publica o DOG a orde  pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron as oposicións do 2025.