Publicadas as puntuacións provisionais do concurso de méritos excepcional

O prazo de reclamacións será do 26 de abril ao 10 de maio

Información técnica que se debe ter en conta para as reclamacións. Ligazón

Resolución provisional. Ligazón

Puntuación provisionais
Corpo 590 - Secundaria. Ligazón

Corpo 592 - Escola de Idiomas. Ligazón

Corpo 593 - Catedráticas de música e artes escénicas. Ligazón

Corpo 594 - Profesoras de música e artes escénicas.Ligazón

Corpo 595 - Profesoras de artes plásticas e deseño. Ligazón

Corpo 596 - Mestras de taller de artes plásticas e deseño. Ligazón

Corpo 597 - Mestras. Ligazón

Corpo 598 - Profesorado especialista en sectores singulares de FP. Ligazón

Documento informativo recompilatario de casuísticas de non baremación. Ligazón

Modelo de reclamación normalizado. Ligazón

BAREMACIÓN PROVISORIA DO CONCURSO EXCEPCIONAL

A publicación da baremación provisoria do concurso excepcional aparece ordenada pola puntuación de cada participante, como xa avanzamos a semana pasada, tras a reunión coa ConsellaríaA ordenación ten só en conta a nota global de cada persoa e non as parciais de cada apartado.

A puntuación aparece dividida por apartados, epígrafes e subepígrafes e ao final figura o tempo traballado na especialidade pola que se presenta.

A administración non ordenou ás persoas participantes por estes criterios. No caso de persoas que empatan na nota global aparecen ordenadas por orde alfabética, sen que isto implique ningunha determinación á hora de adxudicar as prazas. 

Postos en contacto coa Subdirección Xeral de Recursos Humanos confirman que isto é así e que cando publiquen a puntuación definitiva si aparecerán ordenadas tendo en conta todas as puntuacións e na orde que implicaría a obtención de praza. 

Exemplo 1

En Lingua Castelá e Literatura hai un empate con 10 puntos entre as persoas que van do posto 20 ao 30. O empate dáse en todas as epígrafes e subepígrafes e a orde das persoas é alfabética. Pasa o mesmo en varias especialidades. 

No exemplo todas esas persoas só poderían desempatar pola antigüidade na especialidade. 

Exemplo 2

En Xeografía e Historia as persoas entre a praza 19 e a praza 35 empatan a 10 puntos. Entre varias delas hai diferenzas na puntuación das subepígrafes. Así, se unha persoa ten máis puntos no 2.1 obtería praza antes que unha que non ten puntuación nesa epígrafe. Se empatan no 2.1. habería que ir ao 2.2. e dentro deste iría antes se ten máis puntos no 2.2.1. Se ao final o empate fose total habería que ter en conta o tempo traballado na especialidade, que aparece a continuación da nota baremada. 


Por tanto, non se debe ter en conta a orde numérica que figura en cada persoa nos casos de empates porque entre esas persoas non se aplicou ningún criterio de desempate.

  • Instrucións da Consellaría de como reclamar

    O persoal interesado poderá presentar reclamación á resolución provisional obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o trámite “alegacións” activado para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 26 de abril ata o 10 de maio de 2023, ambos incluídos,

    Presentarase unha única reclamación por cada especialidade na que se desexe reclamar acompañada do modelo normalizado de reclamación. (premer aquí para consultalo)

    No caso de que se presenten varias reclamacións a distintas especialidades abondará con achegar unha soa vez a documentación xustificativa.

    Para os efectos de formular a correspondente reclamación contra a puntuación provisional outorgada deberá procederse do seguinte xeito:

    Nota: Cómpre revisar previamente e detidamente:

    a) as puntuacións provisorias outorgadas que se reflicten no anexo integrante da resolución pola que se aproba e publica a baremación provisional no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/

    b) así como o documento que recompila a casuística da non baremación (premer aquí para consultalo)

     

    1.- Unha vez feita esta comprobación, Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/

    2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, a última solicitude do procedemento ED001B correspondente á especialidade na que desexa reclamar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar o corpo e especialidade ao que desexa reclamar.

    3.- Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER?" Premer no trámite de “Alegacións” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade desexada.

    4.- A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación (pdf modelo normalizado de reclamación e documentación xustificativa), asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

    En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da reclamación, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

    Non se admitirá ningunha reclamación que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Alegacións” na correspondente solicitude de participación do procedemento ED001B.

Toda a información sobre os Procesos selectivos derivados da Lei 20/2021 na seguinte ligazón

Volver