
Tribunais do concurso oposición extraordinario
Resultado do sorteo das vogais e dos vogais dos tribunais que xulgarán o proceso
Queda pendente a publicación dos tribunais completos unha vez que sexan nomeados as presidencias, que seguen a ser nomeados a dedo pola Consellaría.
Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (corpo de mestres)
Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (corpo de secundaria e outros)
Causas de exención dos tribunais
7.6.3. A suplencia do presidente ou presidenta será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, segundo corresponda; a dos/das vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no/na vogal suplente respectivo do tribunal suplente número 1 ou, no seu defecto, nos/nas que o sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Se non puidese constituírse así o tribunal acudirase, pola mesma orde, aos/ás vogais do tribunal suplente número 2.Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Sección 4.a Abstención e recusación
Artigo 23. Abstención.
1. As autoridades e o persoal ao servizo das administracións en que se dean algunhas das circunstancias sinaladas no número seguinte absteranse de intervir no procedemento e comunicarano ao seu superior inmediato, quen resolverá o procedente.
2. Son motivos de abstención os seguintes:
a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución poida influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.
b) Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.
c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas na alínea anterior.
d) Ter intervido como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.
e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou terlle prestado nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.
3. Os órganos xerarquicamente superiores a quen se encontre nalgunha das circunstancias sinaladas no punto anterior poderán ordenarlle que se absteña de toda intervención no expediente.
4. A actuación de autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas nos cales concorran motivos de abstención non implicará, necesariamente e en todo caso, a invalidez dos actos en que interviñesen.
5. A non abstención nos casos en que concorra algunha desas circunstancias dará lugar á responsabilidade que proceda.
Artigo 24. Recusación.
1. Nos casos previstos no artigo anterior, os interesados poderán promover recusación en calquera momento da tramitación do procedemento.
2. A recusación presentarase por medio dun escrito en que se expresará a causa ou causas en que se funda.
3. No día seguinte o recusado manifestará ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, se o superior aprecia a concorrencia da causa de recusación, acordará a súa substitución acto seguido.
4. Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, logo dos informes e comprobacións que considere oportunos.
5. Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpor o recurso que proceda contra o acto que poña fin ao procedemento.