O traballo dos centros e da CIG Ensino volve dar resultados

Conseguidas 14 prazas de atención preferente a maiores das ofertadas pola Consellaría nun primeiro momento

A CIG-Ensino denuncia os numerosos erros e cambios nas oposicións deste ano

Solicita que a administración refaga nun só documento todas as correccións de erros para que ningunha persoa opositora poda verse prexudicada por non ler unha corrección de erros

A CIG-Ensino defende que o ensino público precisa profesorado recoñecido no Congreso Nacional da FENPROF portuguesa

O secretario nacional, Suso Bermello, participa hoxe e mañá en Lisboa no XIII Congresso Nacional dos Professores no que puxo en valor o papel dos sindicatos para ter un profesorado organizado na loita pola mellora das nosas condicións laborais.

Improvisación, falta de rigor e un desprezo máis á nosa lingua nas probas ABAU

A CIG-Ensino acusa tamén á CIUG de actuar con falta de previsión na suspensión do exame desta mañá de Filosofía que tivo que ser adiado até as 16 horas o que retrasou a finalización de todas as probas

Material didáctico arredor do día do Orgullo LGTBIQA+

Para traballar a diversidade nas aulas de Primaria e Secundaria desde unha perspectiva inclusiva

A CIG-ENSINO apoia as familias de Pedroso na súa demanda de reapertura da escola pechada

O argumento da Consellaría, prometendo reabrir se hai matrícula, que se utiliza de forma recorrente e como salvagarda no peche de unidades ou de escolas, vemos que é unha mentira e non se cumpre.

A Xunta de Galiza ponlle unha alfombra vermella á creación dunha universidade privada vinculada a Abanca

A CIG-Ensino reitera a súa oposición e preocupación polos efectos desta privatización no SUG.

Unha nova afronta recentralizadora

O que hai detrás da polémica dunha ABAU única

A CIG-Ensino non acode ao Consello Galego de FP tras a negativa da Consellaría a negociar a oferta educativa para o vindeiro curso

A CIG-Ensino non acode ao Consello Galego de FP tras a negativa da Consellaría a negociar a oferta educativa para o vindeiro curso.

Erro na publicación das horas de tecnoloxía e segunda lingua estranxeira para o curso 2019/2020

A CIG Ensino detecta e comunica un erro á Consellaría de Educación no número de horas destas áreas

Aprobaches?

Quizais quixo dicir:

< Xullo 2025  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      
Outros 14 Xullo 2025
Comisións de saúde

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas.

Outros 14 Xullo 2025
Comisións de saúde por causa sobrevida

A Consellaría anuncia o prazo para solicitar unha comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais sobrevidas por motivos de saúde.

DOG 14 Xullo 2025
Programa PIALE

No DOG publícase a resolución definitiva da convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras, PIALE, para o ano 2025.

DOG 10 Xullo 2025
Instrucións para FP

Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2025/26.

DOG 10 Xullo 2025
Ordenación dos graos D e E de FP

Publicadas no DOS instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de FP para o curso 2025/26.

Outros 10 Xullo 2025
Concurso Eduemprende Idea 2025

Listaxe provisional de admitidos, emendas e excluídos de centros participantes no Concurso Eduemprende Idea 2025.