Calendario
Eventos do día 03 de Xullo de 2025
Plurilingüismo en Artes plásticas e deseño
No DOG as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2025/26.
Instrucións para a Formación Profesional
A Consellaría publica na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2025/26.
Plans de formación permanente do profesorado
Convoca a Consellaría a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar nos centros educativos no curso 2025/26.
Cobro do incremento do 0.5%
Publica o Ministerio de Facenda as instrucións sobre o pago do incremento retributivo do 0.5% que tiñamos pendente desde xaneiro de 2024.