Calendario

Eventos do mes Xullo de 2025

DOG 29/07/2025
Profesorado apto na fase de prácticas

Publicada no DOG a relación de profesorado apto na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos do ano 2024.

Outros 29/07/2025
Praza de galego en Londres

Relación provisional na web da Consellaría coas persoas admitidas e excluídas, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional do concurso para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres.

Outros 24/07/2025
Profesorado excluído das listas de substitucións

Publicada a relación persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas da Consellería.

Outros 24/07/2025
Profesorado obrigado a participar no CADP

Na web da Consellaría as listaxes definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2025/2026.

Outros 24/07/2025
Plan de mellora das bibliotecas

 Resolución coa relación dos centros seleccionados na modalidade de nova incorporación que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2025/26

Outros 24/07/2025
Resolución provisional do CADP

Publicada na web da Consellaría a resolución provisional do Concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2025-2026.

Outros 24/07/2025
Proxectos de formación do profesorado de FP

Publicada a resolución de avaliación dos proxectos de formación para profesorado de FP que se van a implantar no curso 2024-2025.

Outros 23/07/2025
Prazas sometidas a convenio

Publica na súa web a Consellaría a relación coa adxudicación provisional do concurso específico de méritos en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería.

Outros 22/07/2025
Comisións de saúde por causas sobrevidas

Publica a Consellaría na súa páxina web a relación de solicitudes admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde por causas sobrevidas para o curso 2025-2026.

DOG 22/07/2025
Centros plurilingües de FP

Centros autorizados no DOG para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües no curso 2025/26.

DOG 18/07/2025
Axudas para a formación do profesorado

Publica o DOG a orde coas bases reguladoras para a concesión de axudas para financiar os gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado no ano 2025.

DOG 18/07/2025
Linguas estranxeiras para o alumnado

Resolta a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025 destinadas ao alumnado.

Outros 15/07/2025
Programa Retorna Talento

Publicada na web da Consellaría a proposta de listaxe de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2025-2026.

Outros 14/07/2025
Comisións de saúde

Publicada na web da Consellaría a resolución definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas.

Outros 14/07/2025
Comisións de saúde por causa sobrevida

A Consellaría anuncia o prazo para solicitar unha comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais sobrevidas por motivos de saúde.

DOG 14/07/2025
Programa PIALE

No DOG publícase a resolución definitiva da convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras, PIALE, para o ano 2025.

DOG 10/07/2025
Instrucións para FP

Publica o DOG as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 2025/26.

DOG 10/07/2025
Ordenación dos graos D e E de FP

Publicadas no DOS instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de FP para o curso 2025/26.

Outros 10/07/2025
Concurso Eduemprende Idea 2025

Listaxe provisional de admitidos, emendas e excluídos de centros participantes no Concurso Eduemprende Idea 2025.

Outros 09/07/2025
Novas seccións bilingües

Anunciada a relación definitiva de seccións bilingües admitidas e non admitidas para a incorporación de novas seccións bilingües no curso 2025/2026.

DOG 09/07/2025
Fondo de acción social

Listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do 2024 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

Outros 09/07/2025
Participación no CADP

A web da Consellaría publica as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2025/2026.

Outros 09/07/2025
Premios na ESO ao rendemento académico

Cualificacións provisionais da proba dos premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico do curso 2024-2025.

Outros 08/07/2025
Comisións por conciliación

Publica a web da Consellaría a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral.

Outros 08/07/2025
Programa LÓVA

Resolución definitiva dos centros seleccionados para participar no programa LÓVA na páxina web da Consellaría.

DOG 07/07/2025
Ensino de persoas adultas

Publicadas as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2025/26.

Outros 04/07/2025
FP dual intensiva e formación acelerada

Resolución provisional na web da Consellaría coas solicitudes de admisión á formación profesional dual intensiva e Formación acelerada para o curso 2025-2026.

DOG 03/07/2025
Plurilingüismo en Artes plásticas e deseño

No DOG as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2025/26.

Outros 03/07/2025
Instrucións para a Formación Profesional

A Consellaría publica na súa web as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2025/26.

Outros 03/07/2025
Plans de formación permanente do profesorado

Convoca a Consellaría a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar nos centros educativos no curso 2025/26.

BOE 03/07/2025
Cobro do incremento do 0.5%

Publica o Ministerio de Facenda as instrucións sobre o pago do incremento retributivo do 0.5% que tiñamos pendente desde xaneiro de 2024.

Outros 02/07/2025
Programa Observa_Acción

Resolución definitiva de centros candidatos a participar no ano II do programa Observa_Acción.

Outros 02/07/2025
Programa EduExchanges 25/26

Anuncia a Consellaría a convocatoria do programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado para o curso 2025-2026.

Outros 02/07/2025
Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

A Consellaría anuncia a resolución cos centros que participaron con proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística durante o curso académico 2024/2025.

Outros 01/07/2025
Programa Educación Responsable

Ampliado o prazo de solicitude da para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2025/26.

Outros 01/07/2025
Comisións de saúde

Publica a Consellaría na súa web a resolución provisional coas solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas.

Outros 01/07/2025
Competencia Dixital Docente

Listaxe definitiva publicada pola Consellaría coas persoas admitidas e excluídas para participar na convocatoria de acreditación da Competencia Dixital Docente (CDD).

< Xullo 2025 >
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Preme en "<" e ">" para mudar o mes.
Preme nas datas sinaladas en vermello para ver os eventos dunha data concreta

Escolle un ano:

RSS Calendario