Material didáctico arredor do día do Orgullo LGTBIQA+
Para traballar a diversidade nas aulas de Primaria e Secundaria desde unha perspectiva inclusiva
Un ano máis, desde a A CIG-Ensino percibimos a necesidade de incidir desde as aulas no cometido de librar a nosa sociedade de exclusións e discriminacións.
Polo cal en datas próximas ao 28 de xuño, Día do Orgullo, facemos a nosa achega con estas unidades didácticas coas que poder traballar a diversidade sexual.