
A CIG-Ensino non acode ao Consello Galego de FP tras a negativa da Consellaría a negociar a oferta educativa para o vindeiro curso
A CIG-Ensino non acode ao Consello Galego de FP tras a negativa da Consellaría a negociar a oferta educativa para o vindeiro curso.
Nunha primeira análise o sindicato detecta que arredor de 40 peticións de novos ciclos foron desestimadas sen que até o momento a Consellaría lles indicara aos centros que criterios a levaron a descartar a súa concesión.
A CIG-Ensino non acudeu á reunión do Consello Galego de Formación Profesional en desacordo co proceder da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa que se negou a adiar esta reunión para poder cotexar cos centros educativos as necesidades formativas de cara ao vindeiro curso. Tal e como vén sendo habitual, a Consellaría non informou ás direccións durante o proceso de elaboración da oferta dos criterios que se seguen para a implantación de novos ciclos formativos nin tampouco negociou coas organizacións sindicais, polo que pretendía que, un ano máis, a reunión do Consello Galego de FP servira só para dar a coñecer a súa proposta.
Inicialmente as tres organizacións sindicais presentes neste órgano solicitamos que se adiara esta reunión para testar cos centros as solicitudes de concesión de novos ciclos medios e superiores, ademais de advertir da imposibilidade de asistir á reunión por parte de UGT. Tras a negativa da Consellaría a conceder esta prórroga, a CIG-Ensino considera que abonda de desprezos á comunidade educativa e por iso decidiu non asistir ao Consello Galego de FP. Lamentamos que CCOO rompera esta posición de rexeitamento unánime ás formas coas que habitualmente se comporta a Dirección Xeral de FP e finalmente decidira comparecer no Consello.
A negativa a negociar como norma e o menosprezo ao profesorado como estilo
A CIG-Ensino fixo xestións telefónicas coa Dirección Xeral para conseguir unha explicación sobre o procedemento que seguiu para a concesión duns ciclos e outros non, obtendo unicamente respostas nas que se menosprezan as demandas dos centros ou argumentando, de forma visionaria, que non van ter matrícula.
Confírmase, por tanto, a opacidade para coñecer as razóns para tomar a decisión de que ciclos se ofertan de novo para o vindeiro curso e o feito de que os centros non poidan coñecer cales foron os criterios aplicados para descartar as súas peticións.
Desde o sindicato fixémoslle chegar por escrito as solicitudes que nos trasladaron tanto desde os equipos directivos como desde os departamentos a respecto das necesidades de cara ao vindeiro curso e que implicarían un incremento importante da oferta ordinaria. Malia que non recibimos a proposta da Consellaría até o xoves 6 de xuño, nunha primeira análise detectamos máis de 40 peticións de ensinanzas de FP que non foron atendidas pola administración.
A FP dual como única estrela convidada
Na única modalidade na que se incrementan as prazas e os novos ciclos é a Formación Profesional Dual na liña marcada pola Consellaría de promover unha fórmula pouco ou nada axeitada ao mercado laboral galego, con empresas de reducido tamaño, e que ten o perigo de fomentar a precariedade tanto nas condicións laborais do alumnado como do conxunto da clase traballadora en xeral. A ninguén se lle escapa ademais que, na medida en que se promoven só estas novas ensinanzas o máis probábel é que a demanda de matrícula nas modalidades presenciais, ordinaria e modular fundamentalmente, decaia e que isto signifique recortes de profesorado a medio prazo, á marxe de que se o alumnado pasa máis tempo nas empresas tamén se reduce considerabelmente o tempo no centro educativo. Así pois, esta fórmula, coa que a CIG-Ensino xa amosou en varias ocasións o seu desacordo, vai significar un chanzo máis na privatización do ensino público que na Formación Profesional pasará a depender directamente das necesidades das empresas e non do que debería ser unha planificación académica real e adaptada ás necesidades de toda a sociedade galega.
Relación de ciclos formativos solicitados por centros ou departamentos dos que tivo constancia a CIG-Ensino e que lle serán trasladados á Dirección Xeral de FP
CONCELLO |
CICLO SOLICITADO POR CENTROS OU DEPARTAMENTOS |
CONCEDIDO |
ARTEIXO |
CS DE ACTIVIDADES FÍSICAS |
NON |
A CORUÑA
|
CM FARMACIA |
NON |
CS ACONDICIONAMENTO FÍSICO |
NON |
|
CS TRANSPORTE E LOXÍSTICA |
NON |
|
CURTIS |
FP BÁSICA da rama sanitaria e FP BÁSICA de cociña |
NON |
ZAS |
CS DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB |
NON |
FERROL
|
COMPLETAR O CICLO DE PREIMPRESIÓN DIXITAL DE ADULTOS A ORDINARIO CS INTEGRACIÓN SOCIAL FARMACIA A DISTANCIA 2º CURSO DE CS ANATOMÍA PATOLÓXICA e de CS DESEÑO E XESTIÓN DA PRODUCIÓN GRÁFICA |
SI NON NON NON |
FP BÁSICA DE CARPINTERÍA E MOBLE |
SI |
|
OFERTA EN ORDINARIO E NOCTURNO DO CS DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB |
SI |
|
ARZÚA |
CALIDADE E CONTROL AMBIENTAL |
NON |
MUROS |
ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS |
NON |
RIBEIRA
|
CM ELABORACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS |
NON |
CM PRODUCIÓN DE CALOR (na modalidade de adultos) |
NON |
|
CS EDUCACIÓN INFANTIL |
NON |
|
CS TRANSPORTE E LOXÍSTICA |
NON |
|
CM SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES |
NON |
|
SANTA COMBA |
CM RESTAURACIÓN |
NON |
SANTIAGO DE COMPOSTELA |
CS PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO |
NON |
A POBRA DO CARAMIÑAL |
HIXIENE BUCO-DENTAL |
NON |
VILAGARCÍA |
CS ACONDICIONAMENTO FÍSICO |
SI |
VILANOVA |
CS DIRECCIÓN DE COCIÑA. CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA |
NON |
VILAGARCÍA |
MODULAR COMPLETO DE FINANZAS, MARKETING E PUBLICIDADE. PROGRAMACION MULTIPLATAFORMA |
NON |
VALGA |
2º CM SOLDADURA |
SI |
LALÍN |
CS ENSINANZAS E ANIMACION SOCIODEPORTIVA |
NON |
PONTEVEDRA |
CS ANIMACION SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA |
NON |
LALÍN |
CS ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS |
NON |
A ESTRADA |
FP BÁSICA DE MADEIRA |
SI |
SILLEDA |
CM ACTIVIDADES COMERCIAIS |
NON |
LUGO |
CM PANADERÍA |
NON |
VILALBA |
XESTIÓN ADMINISTRATIVA CM INFORMÁTICA |
NON NON |
SARRIA |
2º CURSO ASISTENCIA Á DIRECCIÓN, COCIÑA E SERVIZOS |
NON |
MONFORTE |
ASISTENCIA Á DIRECCIÓN. ESTILISMO MASCULINO |
NON |
LUGO
|
ELABORACION DE PRODUTOS ALIMENTARIOS. PROXECTOS DE EDIFICACION. FP BÁSICA CARPINTERÍA |
NON |
CS ENERXÍAS RENOVABLES |
SI |
|
MANTEMENTO DE VIVENDAS. DISTANCIA |
NON |
|
BECERREÁ |
FP BÁSICA DE ELECTRICIDADE |
SI |
TOMIÑO |
FP BÁSICA ELECTRÓNICA E ELECTRICIDADE |
NON |
REDONDELA |
OFERTA COMPLETA DO CS DE INTEGRACIÓN SOCIAL |
NON |
PONTEAREAS |
CS DE EDUCACIÓN E CONTROL AMBIENTAL EN OFERTA MODULAR |
NON |
VIGO
|
CAMBIO DE CS DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO POLO DE ANIMACIÓN SOCIO-DEPORTIVA |
NON |
COMERCIO INTERNACIONAL A DISTANCIA (7 MÓDULOS) |
NON |
|
CS DE ORGANIZACIÓN E CONTROL DE OBRAS DE CONSTRUCIÓN EN RÉXIME MODULAR |
NON |
|
MÓDULOS INDIVIDUAIS DO CICLO DE EMERXENCIAS SANITARIAS. |
SI |
|
CS DE ILUMINACIÓN, TRATAMENTO E CAPTACIÓN DE IMAXE (MODULAR) |
NON |
|
O CARBALLIÑO |
CS AUTOMATISMO E ROBÓTICA |
NON |
OURENSE
|
CS ENSINANZAS E ANIMACION SOCIODEPORTIVA |
SI |
CM ACTIVIDADES COMERCIAIS (DISTANCIA) |
NON |
|
CS PROGRAMACIÓN DA PRODUCIÓN EN MOLDEAMENTOS DE METAIS E POLÍMEROS |
NON |
|
CELANOVA
|
CS AUDIOVISUAIS |
NON |
CM SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES |
NON |
|
CM EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL |
NON |
|
MACEDA |
CS INFORMÁTICA - PROGRAMACIÓN: Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma |
NON |
OURENSE
|
CS de IMAXE PARA DIAGNÓSTICO E MEDICINA NUCLEAR |
NON |
CS DESENVOLVEMENTO APLICACIÓNS MULTIPLATAFORMA (2º curso distancia) |
NON |
|
TRIVES
|
CM MONTAÑA E ESCALADA (Ensinanzas de réxime Especial). Hai só 3 en todo o Estado. Importante para a economía zona |
NON |
RIBADAVIA |
CM INDUSTRIAS ALIMENTARIAS |
NON |
A RÚA |
CM INFORMÁTICA |
NON |