4015 resultados
Información da mesa sectorial do 20 de febreiro
Oposicións a Cátedras de música, Concurso a prazas de convenios e Varios

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria
A Plataforma cita dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo para supeditarse á conveniencia económica das empresas do sector

A CIG-Ensino abre o prazo para inscribirse no I Encontro Luso-Galaico sobre educación que se celebrará en Portugal o 3 de marzo
A central nacionalista, maioritaria no ensino público galego, coorganiza o I Encontro Luso-Galaico, xunto co Sindicato de Professores do Norte (SPN) de Portugal, que forma parte da FENPROF, tamén maioritaria entre o profesorado portugués.

Desmontando as cifras da “grande” oferta de emprego no ensino público
A CIG-Ensino denuncia que as cifras presentadas pola Consellaría na Mesa Sectorial están feitas a medida da propaganda do Partido Popular e poñen en risco centos de postos de traballo de persoal interino

Do MIR, o sistema educativo, os globos sonda e a precariedade
A CIG-Ensino critica que o partido que executou os recortes máis lesivos no ensino público e que mantén a perda de dereitos do profesorado pretenda cargar sobre o profesorado os problemas que causaron os propios gobernos do PP

Información da mesa sectorial: oferta de emprego público e convocatoria de oposicións
As oposicións de 2018: prepotencia, insuficiencia, precariedade e inestabilidade

A Consellaría volve mirar para outro lado deixando a responsabilidade nos equipos directivos
No lugar de dar instrucións aos centros polo temporal destes días limítase a solicitar informe de incidencias

A CIG-Ensino quenta motores para a Folga de mulleres do 8 de marzo e chama a participar as miles de traballadoras galegas deste sector
Tan só no ensino público as mulleres supoñen o 70% deste colectivo, sumando arredor de 21.000 en total.

As oposicións de 2018: prepotencia, insuficiencia, precariedade e inestabilidade
As formas e o fondo: da ausencia de negociación a unha oferta decepcionante

A CIG-Ensino demandará na Mesa Sectorial a reunión técnica comprometida pola Consellaría para negociar as vacantes do CXT
O sindicato defende un incremento importante das vacantes para reducir o profesorado en expectativa en todos os corpos docentes, que suma máis dun milleiro en toda Galiza.

A CIG-Ensino demándalle á Consellaría que aboe sen máis demora os descontos das baixas superiores a 90 días
Así mesmo insta á Xunta a que, de cara ás baixas actuais e futuras, este pagamento se faga de oficio.
páxina 130 de 309