A Consellaría di non ser quen de facer de oficio a actualización dos sexenios do profesorado con servizos prestados por vacacións non gozadas

Di que vai ter preparada a aplicación este curso para xa facer de oficio os trienios do mesmo profesorado

Na mesa sectorial celebrada o martes 22 de xaneiro e que continuará o xoves 31 a CIG Ensino cualificou de inxustificábel a demora na xustificación dos servizos prestados por vacacións non gozadas.

"Queremos un compromiso de que se vai facer efectivo canto antes, tanto para quen terá que participar nas oposicións como para o resto do profesorado".

A Consellaría de Educación indicou que ten previsto actualizar o sistema informático o 1 de marzo para ser quen de contabilizar como servizos prestados o tempo das vacacións non gozadas sempre e cando non haxa continuidade nos contratos.

Una vez feito isto actualizaría de oficio a todo o profesorado os seus trienios. O que non vai poder facer de oficio é actualizar os sexenios, co cal será o profesorado galego o que unha vez que teña actualizado os seus trienios solicite a actualización dos sexenios.

Recordamos que para acadar un sexenio hai que ter traballado seis anos e xustificar 100 horas de formación e só se acada cando se cumpren ambos requisitos.

Se non fora quen de ter actualizada a aplicación faría igual que o ano pasado, é dicir, enviaría a todo o persoal que opositara con servizos prestados por vacacións non gozadas unha proposta de actualización que sería válida para o baremo das oposicións.

Para comprobar o cálculo temos que saber que cada mes de servizos prestados da lugar 2,5 días de vacacións sempre e cando a cotización deses días non coincida cun novo contrato.

Información do resto da mesa sectorial: ligazón

Volver