4040 resultados

A CIG non asina o novo acordo de estabilización pactado entre sindicatos estatais e o Ministerio de Función Pública
O texto aprobado na Mesa Xeral reincide nos mesmos erros do pasado, non dá solución ao problema do abuso da temporalidade e blinda novamente a taxa de reposición de efectivos

Prevista unha corrección de erros na convocatoria do CADP
A CIG-Ensino solicitou á Consellaría que se revisasen os centros que se poden solicitar no CADP para o curso 2021/22 e que neste momento está co prazo aberto de solicitudes.

Publicada a resolución provisional de admitidos e excluídos nas comisións de conciliación familiar e de saúde
O prazo de reclamacións comeza o día 5 de xullo e remata o 9 de xullo, ambos incluídos

Continúan as mobilizacións da CIG-Ensino contra os recortes de profesorado previstos pola Xunta
O sindicato denuncia novamente a total ausencia de interlocución coa Consellaría de cara ás medidas a adoptar no curso 2021/22

A CIG-Ensino non asina o VII Convenio Estatal do Ensino Concertado ao non dar resposta ás nosas reivindicacións nin ás do persoal traballador galego ao que representamos na mesa de negociación en Madrid
O sindicalismo estatal dixo amén á patronal e tras 5 mesas negociadoras en 19 meses acabouse asinando unha prórroga de 3 anos máis do VI convenio, que mantén recortes e perda de dereitos, con cativas melloras sociais e en permisos e con graves regresións

A Consellaría atende a demanda da CIG-Ensino e prorrogará os nomeamentos do profesorado substituto das EOI para as probas libres
O sindicato remitira un escrito ao conselleiro de Educación denunciando a intención de contar con persoal que cesaba neste mes de xuño para a avaliación das probas libres

A Consellaría de Educación exclúe o alumnado da FP Básica dos CIFP dos programas Recupéra-t
Publicada a resolución que establece as bases para a convocatoria dos Contratos-Programa, a Secretaría Xeral de Educación e FP, deixa fóra a unha parte do alumnado con maiores necesidades de axuda e apoio por cursar a súa formación nun CIFP

A CIG mobilízase contra a proposta de modificación do EBEP que penaliza dobremente o persoal vítima do abuso da temporalidade
A central esixe transparencia nas negociacións e rematar coa taxa de reposición

A CIG a prol da diversidade, por unha orientación sexual, identidade e expresión de xénero libres e en igualdade de dereitos
Reitera o compromiso e a aposta pola igualdade social, a visibilidade e a non discriminación do colectivo LGBTI+

A CIG chama a rexeitar de novo na rúa a modificación do EBEP e as medidas contra o persoal interino
Área Pública tilda de "agresión" ao persoal interino e temporal a nova proposta dun pacto de estabilización

A nova lei de FP incide na privatización do ensino público, reforzando o papel das empresas
O anteproxecto de lei, pendente do trámite de emendas, introduce cambios na ordenación dos corpos do profesorado de FP

Función Pública presenta un proceso de “estabilización” como única saída á temporalidade no sector público
Unha nova proposta para que os sindicatos estatais asinen unha reedición do fracaso do actual acordo
páxina 70 de 311