
A Consellaría de Educación anuncia que adía as negociacións sobre as OPEs derivadas da Lei 20/2021 a despois de semana santa
A CIG-Ensino seguirá recollendo achegas de prazas até o martes 12 de abril
O domingo 3 de abril a CIG-Ensino compartiu con todo o profesorado o estudo feito no que se enumeraban as prazas que, segundo os criterios da Consellaría, non se tiñan que convocar e cal era o motivo.
Podedes velas nas seguintes ligazóns:
Prazas do concurso excepcional que non se van ofertar (DA6 e DA8).
Prazas do concurso oposición extraordinario que non se van ofertar (artigo 2).
Anteriormente xa colgáramos as prazas que si ían saír e que podedes ver nas seguintes ligazóns:
Documento de elaboración propia coas 1.101 prazas do concurso excepcional (DA 6ª e DA 8ª).
Documento de elaboración propia coas 115 prazas do concurso oposición extraordinario.
Se analizados ambos documentos entendedes que segue a faltar unha praza non dubidedes en cubrir o seguinte formulario, antes do martes 12 de abril, para que desde o sindicato poidamos analizar todas as peticións (ampliamos o prazo unha semana toda vez que se adía a Mesa).
A día de hoxe podemos anunciar que xa temos analizadas os centos de peticións remitidas polo profesorado galego e que, unha vez contrastadas co noso estudo xa foron remitidas á Consellaría como un primeiro adianto para a súa posterior negociación na mesa sectorial.
Novas relacionadas