Ensino público

Dúas sentenzas danlle a razón á CIG-Ensino na súa denuncia contra o autoritarismo da Administración educativa

Ambas argumentan contra a actuación da Dirección e da Inspección

A Consellaría di non ser quen de facer de oficio a actualización dos sexenios do profesorado con servizos prestados por vacacións non gozadas

Di que vai ter preparada a aplicación este curso para xa facer de oficio os trienios do mesmo profesorado

O Consello Federal da CIG-Ensino colle folgos co aval dos resultados electorais cara ao 8M e ás próximas mobilizacións sindicais

Ademais da folga de mulleres de 24 horas convocada para o Día Internacional da Muller Traballadora, o sindicato chama ao profesorado a participar este sábado ás 12 en Compostela na manifestación nacional por un sistema de pensións digno e garantido

Unha Consellaría con alerxia á negociación presenta unha OPE pechada e sen previa negociación

A xunta recorre de novo a inflar as cifras coa prazas de promoción interna

Información da mesa sectorial da oferta de emprego e das oposicións

Especialidades da oferta de emprego, modificación da addenda do persoal interino, apertura listaxe substitucións chinés e varios currículos de FP

Oferta de Emprego Público 2019

Nesta nova tedes a oferta e o reparto por corpos e especialidades

A Consellaría habilita o “.gal” nas contas de correo edu.xunta

Tarde e con un halo de secretismo difícil de entender mais ao fin e ao cabo xa temos o .gal

O Consello Escolar do Estado aproba algunhas emendas da CIG mais víralle as costas ás principais propostas de mellora para o profesorado e o ensino público

O Pleno do órgano de participación só aprobou 12 das 124 emendas presentadas pola CIG-Ensino, nun total de 121 emendas aprobadas das 551 presentadas.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
05/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.