Ensino público

A CIG-Ensino recollerá achegas do profesorado ante o documento do MEFP que pretende sentar as bases dunha nova lei educativa

O documento é un esquema básico sobre os aspectos que o goberno español pon enriba da mesa para o que sería o marco dun novo texto que claramente nos retrotrae á LOE

A CIG-Ensino apoia á comunidade educativa do CEIP Virxe do Carme de Burela na reclamación da reparación e reforma do CEIP burelés

Esperamos que a Consellaría tome nota e proceda a inmediata reparación e reforma

A CIG-Ensino responsabiliza directamente do recurso da sentenza por enchufismo á propia conselleira

O sindicato critica duramente á administración por non acatar unha sentenza “demoledora” e por intentar gañar tempo para anular inmediatamente o destino adxudicado ilegalmente.

Os orzamentos da Consellaría para 2019 revelan unha redución do profesorado até niveis inferiores a 2015

Os orzamentos da Consellaría de Educación para 2019 revelan unha redución do profesorado até niveis inferiores a 2015

A CIG-Ensino encara unhas novas eleccións co obxectivo de se manter como referente na defensa do profesorado e do ensino público galego

Un total de 744 docentes conforman a súa candidatura ás eleccións sindicais no ensino público non universitario do 4 de decembro ás que concorren co lema “Gañarmos o futuro”.

Publicada a orde do Concurso Xeral de traslados

Prazo de participación desde o 6 ao 27 de novembro

A Conselleira utiliza o parlamento para facer pública unha oferta de emprego público non negociada coa representación do profesorado

A CIG-Ensino denuncia filtracións interesadas das especialidades a convocar que son difundidas sen a menor crítica nin contraste

A Consellaría teima en seguir adiante coa LOMCE convocando o curso de función directiva

O requisito desta formación para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos foi incluído na LOMCE e este é o primeiro ano que se oferta en Galiza.

Seccións

Quizais quixo dicir:

< Outubro 2026  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
2026
05/10/2026
Outros 2 Outubro 2026
Programa de Iniciación á pegada dixital

Relación na web da Consellaría cos centros seleccionados para participar no programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais durante o curso 2026/27.

Outros 2 Outubro 2026
Programa Edureferentes

Publica a Consellaría relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos, para participar no programa educativo EduReferentes durante o curso 2026/27.

Outros 30 Setembro 2026
Concurso polo Día contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Consellaría convoca un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

Outros 29 Setembro 2026
Programa 'Observa_Acción'

Convoca a Consellaría o programa 'Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2026/27 e 2027/28, que se levará a cabo a nivel autonómico e estatal.'

Outros 29 Setembro 2026
Clube de ciencia

A Consellaría publica a lista de solicitudes de centros para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para o curso 2026/27.

Outros 25 Setembro 2026
Revisión médica

Comeza o prazo para solicitar a participación da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente para o curso académico 2026/2027.