
Información das mesas sectoriais do 12 e 21 de marzo
Os temas tratados foron entre outros a modificación da orde de concilia, a orde de titulacións para incorporación a listaxes, orde direccións, PIALE, reintegro gastos formación e licenzas por formación.
- concilia
- Concurso de directores/as
- especialidades
- Licenzas Formación
- Piale
- reintegro gastos formación
Aclaración sobre a convocatoria da Mesa Sectorial e a continuidade da Mesa do 22 de xaneiro.
Nun primeiro momento a administración convocou a mesa sectorial con todos os temas enumerados para o 12 de marzo, despois de non por data ao remate da mesa do pasado 22 de xaneiro que se tiña previsto continuar o 31 de xaneiro pero que posteriormente se aprazara unilateralmente por parte da administración.
Nun segundo momento a propia administración divide a mesa en dúas, unha para o martes e outra para o mércores.
Vista a situación as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial mostramos o noso malestar, tanto polos prazos como polas datas elixidas, xa que se reducía ao mínimo o tempo para que o profesorado puidera tomar coñecemento dos diferentes textos remitidos e para que os sindicatos puidéramos exercer con rigor o noso traballo.
A administración aceptou a nosa solicitude e convocou as mesas para o martes 12 e o xoves 21, ambos de marzo.
Mesa 12 de marzo.
Addenda acordo do persoal interino
Ligazón ao borrador da addenda
- Texto da addenda
MODIFICACIÓN DA DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA DO ACORDO DO VINTE DE XUÑO DE MIL NOVECENTOS NOVENTA E CINCO, ENTRE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS ANPE, CC.OO, CSI-CSIF E FeSP-UGT, SOBRE O ACCESO Á FUNCIÓN PÚBLICA DOCENTE EN CALIDADE DE PROFESOR INERINO E SUBSTITUTO.
Na oferta de emprego do ano 2019 convócase a especialidade de "inglés" do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas. Isto obriga a elaborar unha lista desta especialidade no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, coa finalidade de cubrir as interinidades e substitucións que procedan. Coa finalidade de preservar os dereitos das persoas que viñan prestando servizos como persoal interino e substituto nesta especialidade nas escolas oficiais de idiomas, acórdase engadir un punto 5 á disposición adicional primeira do Acordo do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco, coa seguinte redacción:
5. Cando se convoque o concurso-oposición na especialidade de "inglés" do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, configurarase a lista da mesma entre as persoas que se presenten ao concurso-oposición, tendo en conta que terán prioridade as pertencentes á lista de "inglés" do corpo de profesores de ensino secundario incluídas no punto 1 do apartado 2 do presente acordo, sempre que se presenten ao procedemento selectivo por calquera especialidade.
Conciliación da vida familiar e laboral
PROXECTO DE ORDE do ......de marzo de 2019, pola que se modifica parcialmente a Orde do 23 de febreiro de 2018, pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A). Ligazón
Ligazón ao CIG Informa
Orde de titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes
PROXECTO DE ORDE do XX de xxxxxxx de 2019, pola que se da publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de Mestres, de Profesores de Ensinanza Secundaria, de Profesores Técnicos de Formación Profesional e de Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ligazón
Ligazón ao CIG Informa
Orde de selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos.
ORDE do .... de marzo de 2019 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ligazón
Ligazón ao CIG Informa
Mesa 21 de marzo.
Proxectos de decretos de 5 novas titulacións de formación profesional
Borrador do currículo de técnico superior en Xestión da Auga. Ligazón
Borrador do currículo de técnico en redes e estacións de tratamento de augas. Ligazón
Borrador do currículo de técnico superior en ensinanza e animación sociodeportiva. Ligazón
Borrador do currículo de Profesional básico en Acceso e Conservación en Instalacións Deportivas. Ligazón
Borrador do currículo de técnico superior en acondicionamento físico. Ligazón
Ligazón ao CIG Informa
Programa PIALE para o ano 2019.
Ligazón á Orde e Ligazón ao Anexo.
Ligazón ao CIG Informa
Reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de profesorado non universitario para o ano 2019.
Ligazón á Orde.
Ligazón ao CIG Informa
Licenzas por formación para o curso 2019/2020.
Ligazón á resolución.
Ligazón ao CIG Informa
Rogos e preguntas.
Ligazón ao CIG Informa dos rogos da mesa do 12 de marzo.
Ligazón ao CIG Informa dos rogos da mesa do 21 de marzo.
Novas relacionadas