Estudo da CIG Ensino sobre as vacantes provisionais dos corpos de secundaria
Vacantes por especialidades, por centros e vacantes non concedidas pola Consellaría
A CIG Ensino unha vez rematada a segunda reunión da Comisión técnica sobre as vacantes do CXT fai público un estudo sobre as vacantes, ordenando as concedidas por centros e por especialidades.
Vacantes ordenadas por centros. Ligazón
Vacantes ordenadas por especialidades. Ligazón
Nun terceiro documento situamos as vacantes solicitadas pola CIG Ensino e non concedidas pola Consellaría. Incluímos a explicación que nos dou a Consellaría -cando a temos- para a súa denegación. Ligazón
Deste estudo despréndense os seguintes datos.
Don total de 1.143 prazas solicitadas pola CIG Ensino a Consellaría antendeu 862, deixando pendentes un 24,58%
Próxima reunión e achegas.
Desde a CIG Ensino abrimos agora un período para que nos mandedes as achegas que consideredes para a reunión a celebrar o xoves 14.
Na medida do posíbel as achegas deben vir xustificadas (carga horaria, número de provisionais no centro...) posto que é a única forma de tentar que a Consellaría as inclúa.
Envialas ao correo galiza@cig-ensino.gal e sempre antes do martes 12 de febreiro.